Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a suspensión do expediente sancionador por infracción na orde social número 2022/123.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona a suspensión da instrución do expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: 2022/123 (acta: I272022000027249).

Data da suspensión do procedemento sancionador: 22 de novembro de 2022.

Empresa: Solbres Serveis de la Construccio, S.L.

Enderezo: rúa Francisco Moragas 63, Santa Coloma de Gramenet (Barcelona).

Lugo, 11 de xaneiro de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo