Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten á información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de transporte de enerxía eléctrica no termo municipal de Arteixo (expediente IN407A 2022/222-1).

Expediente: IN407A 2022/222-1.

Solicitante/promotora: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación: ampliación da subestación 220 kV Sabón: nova reactancia.

Termo municipal: Arteixo.

1. Obxecto da instalación:

Solución destinada ao cumprimento das necesidades específicas de operación da rede de transporte.

2. Características técnicas:

Ampliación do parque 220 kV da subestación Sabón, convencional de intemperie con tecnoloxía AIS, cunha configuración en dobre barra, consistente en:

• Construción dunha nova posición que se denominará REA1 (posición de reactancia), que pasaría a ocupar a posición 12 dentro da disposición existente na subestación. As especificacións máis salientables da aparellaxe que se van instalar nesta nova posición, son:

– Interruptor automático: tensión máis elevada para o material Um = 245 kV/intensidade nominal/límite térmica (corte): 3.150/50 kA. Tecnoloxía da cámara de corte: SF6.

– Disposición dos condutores en tres niveis:

– Embarrados baixos: conexións entre aparellaxe a 5,5/6 metros de altura. Realizaranse con tubo de aluminio.

– Embarrados altos: barras principais de tubo de aluminio a 10 metros de altura, apoiadas sobre illadores soporte.

– Tendidos altos: en condutor dúplex Al-Ac a 14,95 metros de altura.

– Seccionador de barras:

– Barras 1: de tipo rotativo de tres columnas e mando tripolar manual/intensidade nominal: 2.000 A.

– Barras 2: de tipo pantógrafo e mando unipolar/intensidade nominal: 2.000 A.

– Seccionador de posta a terra: tripolar, con coitela de posta a terra, de mando unipolar motorizado.

– Equipos convencionais (pararraios-autoválvulas): tensión nominal: 198 kV/tensión de operación > 152 kV/intensidade nominal de descarga: 10 kA.

– Transformadores de intensidade e de tensión, de características conforme ao Real decreto 1110/2007, do 24 de agosto, polo que se aproba o Regulamento unificado de puntos de medida do sistema eléctrico.

– Incorporación ao mallado de rede de terras superiores e inferiores e aos sistemas de control, protección, telecontrol e comunicacións (sistemas telexestionados) e servizos auxiliares da subestación.

– Bastidor de relés.

• Equipamento da nova posición anterior, coa instalación dunha reactancia trifásica con posta a terra, convencional de exterior, con refrixeración ONAN, de 220 kV de tensión nominal (tensión máis elevada para o material: 245 kV) e 100 MVAr de potencia, que se conectará a ambas as barras da subestación cunha configuración de estrela.

• Localización das instalacións: subestación 220 kV Sabón, avenida da Prensa, s/n (estrada DP-0504). Polígono Industrial de Sabón, Arteixo. Termo municipal de Arteixo.

• Orzamento: 1.759.789 €.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Isto faise público para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que se omitisen.

Coa finalidade de poderen consultar a documentación, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente nas seguintes dependencias:

• Concello de Arteixo.

• Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De ser o caso, poderán presentar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes no prazo de trinta (30) días contados, a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Por outra banda, infórmase que para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 27 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial de A Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Ampliación da subestación 220 kV Sabón: nova reactancia.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Superficie parcela (m2)

Ocupación pleno dominio subestación (m2)

Ocupación pleno dominio acceso (m2)

Ocupación servidume soterrada (m2)

Ocupación temporal (m2)

1

Naturgy Ciclos Combinados, S.L.

0576501NH4907N0002DZ

198.190

1.126

0

0

0

Natureza do terreo

Subestación eléctrica