Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se apraza o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica Parque eólico Farrapa II, nos concellos de Abadín e A Pastoriza (expediente 0066-EOL).

Esta xefatura territorial acorda aprazar a convocatoria de actas previas feita mediante o Acordo do 11 de novembro de 2022 polo que se anunciaba o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica Parque eólico Farrapa II, nos concellos de Abadín e A Pastoriza.

Deste aprazamento darase traslado aos interesados mediante a oportuna notificación individual.

Lugo, 23 de xaneiro de 2023

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo