Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0014/2022 e cinco máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, son emprazadas as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Por iso, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG nº 194, do 11 de outubro e BOE nº 263, do 30 de outubro), sonlles notificados ás persoas indicadas no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2023

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

Persoa interesada/DNI, NIF ou NIE

Acto

ANI-CO-0014/2022

76303258E

Cambio de instrutora

ANI-CO-0015/2022

33231629X

Acordo de inicio e cambio de instrutora

ANI-CO-0016/2022

33218254K

Cambio de instrutora

ANI-CO-0017/2022

78790353N

Proposta de resolución e cambio de instrutora

ANI-CO-0027-2022

49208623P

Proposta de resolución e cambio de instrutora

ANI-CO-0030-2022

33247099A

Carta de pagamento