Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 7, do 11 de xaneiro de 2023, nas versións en galego e en castelán é necesario efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 3193, artigo 14.2, onde di: «2. A persoa nomeada deberá realizar a formación para o desenvolvemento da función directiva prevista no artigo 4 deste decreto, agás que xa a posúa ou estivese exenta da súa realización, conforme o previsto na disposición adicional primeira», debe dicir: «2. A persoa nomeada deberá realizar a formación para o desenvolvemento da función directiva prevista no artigo 4 deste decreto, agás que xa a posúa ou estivese exenta da súa realización, conforme o previsto na disposición adicional cuarta».