Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10805

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 239, do 20.12.2022, publícanse as bases xerais polas que se rexerán os procesos selectivos da oferta de emprego público de 2022 do Concello de Vilasantar, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 246, do 29.12.2022, publícanse as bases específicas, correspondentes ás seguintes prazas:

– Unha praza de peón tractorista e de mantemento.

– Unha praza de peón de mantemento.

– Unha praza de limpador/a.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilasantar, 9 de xaneiro de 2023

Fernando Javier Pérez Fernández
Alcalde presidente