Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11265

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349F).

BDNS (Identif.): 672630.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras e realizar a convocatoria para o ano 2023 dos incentivos á contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de promover a consolidación do emprego autónomo (código de procedemento TR349F).

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

2. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención para accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349F).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un millón trescentos cincuenta mil euros (1.350.000 euros).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 29 de setembro de 2023.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2023

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade