Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/84-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, no se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Esposende II, no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/84-3), correspondentes aos predios e as titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, número 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras solicitar cita previa no teléfono 988 38 67 10, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 20 de xaneiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2021/84-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBTA Esposende II.

Concello: Cenlle.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titulares

Incidencia

Data de ocupación

22

O Palomar

32026A033080000TEL

Herdeiros de Mª Isabel Sánchez Pardo

Enderezo descoñecido

9.6.2022

29

Carballeira

32026A033002140000TU

Herdeiros de Isabel Soto Beloso

Enderezo descoñecido

9.6.2022