Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2023 Páx. 11689

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023. Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social (código de procedemento TR356A).

BDNS (Identif.): 671132.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

As empresas de inserción inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo, e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Segundo. Obxecto

Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Importe

Para a concesión das axudas reguladas neste programa destínanse 1.100.000,00 euros con cargo á aplicación 11.30.324C.470.5, código de proxecto 201500561.

Cuarto. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2023. Cada entidade só poderá presentar unha única solicitude.

Sexto. Procedemento de concesión, período subvencionable e xustificación das axudas

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva.

O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023.

A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 8 de novembro de 2023.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade