Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2023 Páx. 11835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación LAT 66 kV Ponte Sampaio a Lourizán, no concello de Vilaboa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación LAT 66 kV Ponte Sampaio a Lourizán, no concello de Vilaboa, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 23 de xaneiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/18-4.

Entidade beneficiaria: ENCE Energía y Celulosa, S.A.

Denominación da instalación: Modificación LAT 66 kV Ponte Sampaio a Lourizán.

Concello: Vilaboa.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

45

36058A02700278

Toxo

María Luisa Rodríguez Boullosa

15 de febreiro de 2023

10.00

60

36058A02500580

Veiga Grande

Álvaro González Valladares

16 de febreiro de 2023

10.00

61

36058A02500581

Veiga Grande

Álvaro González Valladares

16 de febreiro de 2023

10.00

63

36058A02500584

Veiga Grande

Eva Casal Sobrado

16 de febreiro de 2023

10.00

65

36058A02500583

Veiga Grande

María Isabel Alonso Ríos

16 de febreiro de 2023

10.00

76

36058A02400347

Peai

María Carmen Pérez Rodríguez

16 de febreiro de 2023

10.00