Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2023 Páx. 11825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Ferrol e Narón (expediente IN407A 2022/435-1).

Expediente: IN407A 2022/435-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: soterramento das LAT 132 kV Cornido-Santa Mariña e Cornido-Porto exterior de Ferrol.

Concello: Ferrol e Narón.

1) Características técnicas:

a) LATS a 132 kV e condutor tipo Al630+H165 Cu (XLPE):

a.1) Circuíto 1 (C1) - LAT 132 kV Porto Exterior-Cornido, de 2.678 m (X3) m.

a.2) Circuíto 2 (C2) - LAT 132 kV Santa Mariña-Cornido, de 2.692 m (X3) m.

1. Tramo inicial SC:

– C1, con orixe na caixa de empalmes CE01-C1 e remate no punto de saída en DC da LATS situado dentro da SE Santa Mariña.

– C2, con orixe na posición de intemperie existente (PA/S con autoválvulas que se instalarán) na subestación e remate no punto de saída en DC da LATS situado dentro da SE Santa Mariña.

2. Tramo central en DC:

– C1 e C2, con orixe no punto de saída en DC da LATS e remate nun punto de chegada situado na rúa Solaina.

3. Tramo final SC:

– C1, con orixe nun punto de chegada situado na rúa Solaina e remate na cámara de empalme CE07-C1 proxectada.

– C2, con orixe nun punto de chegada situado na rúa Solaina e remate na cámara de empalme CE06-C2 proxectada.

b) Desmantelamento tramo LMTA DC a 132 kV, de 1.759 m, condutor tipo AL-AC 15.82, con orixe no apoio nº AP.1 (92003803) existente, que se desmantelará, das LAT 132 kV Santa Mariña-Cornido (IN407A 2016/2691-1) e LAT 132 kV Porto exterior-Cornido (IN407A 2016/2692-1) e remate no apoio nº AP.8 (92003795), que se desmantelará. Desmantelamento dos apoios metálicos de celosía intermedios. Tamén se desmantelarán os vans SC desde o apoio nº 20 (PA/S) (92045771) existente do C1 LAT 132 kV Porto exterior-Cornido ata o apoio nº AP.1 (92003803) existente (20 m), e desde o pórtico da subestación Santa Mariña ata o apoio nº AP.1 (92003803) do C2 LAT 132 kV Santa Mariña-Cornido (20 m), así como o propio apoio 2 nº 20 (PA/S) (92045771).

2) Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello.

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte?content=expediente_0046.html

A Coruña, 27 de xaneiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña