Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12014

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

Dispoño:

Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre de 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe achegado pola AXI (€)

Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ames para o acondicionamento da AC-544 dende a intersección coa avenida da Maía ata o p.q. 0+610.

8.11.22

Non supón incremento con respecto ao convenio

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para fomento da mobilidade sustentable na fachada marítima de Ferrol.

23.9.22

3.113.966,88

Addenda número 1 ao convenio entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para fomento da mobilidade sustentable na fachada marítima de Ferrol.

6.12.22

Non supón incremento con respecto ao convenio

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a mellora da seguridade viaria peonil na antiga N-634.

15.12.22

Non supón incremento con respecto ao convenio

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cervo para a mellora da estrada a Quintás.

19.11.22

768.761,65

Addenda número 1 ao convenio entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Autoridade Portuaria de Vigo para o fomento da mobilidade sustentable na fachada marítima de Vigo.

6.12.22

Non supón incremento con respecto ao convenio

Addenda número 2 ao convenio de colaboración asinado entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo para a humanización da estrada autonómica PO-308 ao seu paso por Portonovo, p.q. 18+960 a 19+770.

24.11.22

Non supón incremento con respecto ao convenio

Texto consolidado e addenda ao convenio entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, concesionaria da Xunta de Galicia, S.A, polo que se establecen as achegas extraordinarias para mitigar o impacto da suba de tarifas nos anos 2022 e 2023 e se regulan as bonificacións da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57).

28.12.22

Supón un incremento total en relación co convenio vixente en 1.675.000,00