Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se acorda a adxudicación, polo procedemento de alleamento en cuarta poxa, dun inmoble situado no concello de Vilalba.

Mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 14 de outubro de 2022 foi autorizado o alleamento, en cuarta poxa pública, dun ben inmoble situado no concello de Vilalba.

O anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento do citado inmoble publicouse o 2.11.2022 no Diario Oficial de Galicia (DOG número 208) e, nesa mesma data, no xornal El Progreso. O 19.12.2022 tivo lugar a poxa pública anunciada.

Logo da realización da poxa, ao abeiro do contido da acta da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento de execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro

Aprobar a seguinte adxudicación:

A Daniel Verdes Bello, polo prezo de vinte e dous mil euros (22.000,00 €), a parcela de 32.935 m2, con todas as súas pertenzas e accesións, situada no concello de Vilalba, que se corresponde co nº 299 do polígono 3 do catastro co nome de Pegos. Linda: norte, coas parcelas nº 297, titularidade de Lidia Pedreira Pico, e nº 296 e 300, titularidade de Olegario Verdes Pico; sur, con camiño; leste, con parcelas nº 296 e 300, titularidade de Olegario Verdes Pico; oeste, con camiño. Referencias catastrais: 27065B003002990000IA e 001900700PH19D0001YQ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba como predio 21.143, folio 201, libro 194, tomo 431.

Segundo

O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de execución da Lei de patrimonio.

Terceiro

A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta do adquirente os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos do anuncio de alleamento realizado neste procedemento.

Cuarto

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021; DOG nº 246, do 24 de decembro)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería de Facenda
e Administración Pública