Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 4/2023 (dereitos fundamentais), interposto por Hernán Francisco Salazar León contra a Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro).
O recorrente impugna o anexo II da citada resolución, onde se recolle o baremo dos méritos que se valorarán, concretamente o punto 2º (experiencia profesional).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2023
Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos