Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12503

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 a 2025 por anticipado de gasto (código de procedemento TU981C).

O artigo 27.11 do Estatuto de Autonomía de Galicia sinala como competencia exclusiva da Comunidade Autónoma de Galicia a promoción e ordenación do turismo dentro da comunidade.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos establece que a Axencia Turismo de Galicia terá como obxectivo impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da comunidade.

A importancia do turismo no tecido económico e social de Galicia, así como o incremento da calidade do sector turístico son considerados elementos primordiais para o crecemento sostido das cotas de competitividade, o que require a realización dun esforzo continuado na formación dos recursos humanos para adaptar as novas demandas ás actuacións dos titulados que inician ou desenvolven a súa actividade neste sector. A Área de Estudos e Investigación da Axencia Turismo de Galicia vén desenvolvendo un traballo esencial no eido da investigación e análise de datos do mercado turístico cuxo resultado contribúe de maneira esencial ao aumento da competitividade de Galicia como destino turístico. Por este motivo, considérase fundamental promover dúas bolsas de formación nesta materia, unha relacionada co ámbito da ciencia de datos e outra co ámbito da comunicación de datos turísticos, que permita a titulados/as en diversas materias ampliar experiencia e coñecementos sobre o mercado turístico galego.

Atendendo a estas consideracións xerais, e en virtude das competencias que me foron atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras

Aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación da Axencia Turismo de Galicia e proceder á súa convocatoria por anticipado de gasto para os anos 2023 a 2025 (código de procedemento TU981C).

Segundo. Solicitudes

1. Para poder ser beneficiaria/o das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 6 das bases reguladoras.

2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no artigo 5 das bases reguladoras.

Terceiro. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Cuarto. Información ás persoas interesadas

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia:

http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios

b) O teléfono 881 99 54 29 ou o enderezo electrónico estudos.turismo@xunta.gal

c) Presencialmente: Axencia Turismo de Galicia-Área de Estudos e Investigación; estrada Santiago, Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela.

2. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas na presentación de formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no correo electrónico 012@xunta.gal

Quinto. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Sexto. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de dúas bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación da Axencia Turismo de Galicia para os anos 2023 a 2025

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta resolución ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria de dúas bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística, coa seguinte distribución:

a) Unha bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos.

b) Unha bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.

O lugar de realización das prácticas tuteladas destas bolsas será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia (estrada Santiago, Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

Artigo 2. Condicións xerais

1. O obxectivo das bolsas é fomentar o perfeccionamento profesional das persoas bolseiras mediante a realización de prácticas formativas relacionadas co tratamento e análise de datos en materia turística con suxeición ás indicacións do/da titor/a que lles será asignado/a ao comezo das súas prácticas.

2. As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

3. As bolsas serán indivisibles e improrrogables. Serán incompatibles con calquera outra bolsa concedida para o mesmo período e con calquera actividade laboral ou remunerada.

4. En ningún caso poderán ser persoas beneficiarias destas bolsas aquelas persoas solicitantes que foran adxudicatarias delas en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídas da convocatoria aquelas persoas solicitantes que foran adxudicatarias das bolsas en edicións anteriores e que renunciaran a elas durante o seu desenvolvemento.

5. As persoas solicitantes non poderán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e en ningún dos supostos de prohibición para obter subvencións do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. As persoas adxudicatarias, no momento da súa incorporación á bolsa, non poderán ser perceptoras de salarios ou outros ingresos que impliquen vinculación contractual ou estatutaria. As bolsas son incompatibles coa percepción de prestación ou subsidio por desemprego.

7. De conformidade co disposto no artigo 65.4.f) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), as persoas beneficiarias das bolsas quedan exentas da obriga de constituíren garantía.

8. Durante o tempo de duración das bolsas as persoas bolseiras quedarán incluídas no réxime xeral da Seguridade Social, de acordo co establecido no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación.

9. A concesión e goce das bolsas non suporán vinculación civil, laboral ou funcionarial entre as persoas bolseiras e a Axencia Turismo de Galicia.

10. A estas bolsas non lle será aplicable o Estatuto do persoal investigador en formación.

Artigo 3. Duración, importe das bolsas e financiamento

1. O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2023, 2024 e 2025 cunha duración máxima de 24 meses contados a partir da data de incorporación das persoas bolseiras que será, previsiblemente, o 1 de abril de 2023.

2. A dotación económica de cada unha das bolsas será como se indica no seguinte cadro:

2023

2024

2025

Total

Suma das mensualidades

10.800,00 €

14.400,00 €

3.600,00 €

28.800,00 €

Seguridade Social

484,11 €

645,48 €

161,37 €

1.290,96 €

3. A Axencia Turismo de Galicia financiará estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.A2.761A.480.0 e 04.A2.761A.484.0 destinadas ao pagamento das retribucións e das cotas da Seguridade Social, respectivamente, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023, 2024 e 2025.

O importe total que se habilita para esta convocatoria ascende a 60.181,92 €, que se distribuirá do seguinte xeito: 57.600,00 € que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.480.0 e 2.581,92 € que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.484.0 e que se destinarán ao pagamento ás persoas bolseiras do importe da bolsa e das cotas patronais da Seguridade Social, respectivamente.

Estas cantidades distribuiranse do seguinte xeito:

– Anualidade 2023:

04.A2.761A.480.0: 21.600,00 €.

04.A2.761A.484.0: 968,22 €.

– Anualidade 2024:

04.A2.761A.480.0: 28.800,00 €.

04.A2.761A.484.0: 1.290,96 €.

– Anualidade 2025:

04.A2.761A.480.0: 7.200,00 €.

04.A2.761A.484.0: 322,74 €.

4. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2023.

Así mesmo estará sometida ao regulado na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Ao abeiro desta normativa, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

5. En cumprimento do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social (BOE núm. 259, do 27 de outubro), destinaranse 2.581,92 € en concepto de cotizacións á Seguridade Social por parte da Axencia Turismo de Galicia por continxencias comúns e profesionais.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Nacionalidade: ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea.

b) Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, dunha titulación superior (calquera). Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2018.

Tamén poderán solicitar as bolsas aquelas persoas que teñan a titulación mínima exixida e acrediten a súa condición de persoa desempregada de longa duración no momento de remate do prazo de presentación das solicitudes, sen ter en conta a data da titulación. Son persoas desempregadas de longa duración as que leven inscritas de xeito ininterrompido na oficina de emprego como demandantes de emprego durante 12 meses ou máis.

c) Idiomas: todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.

Artigo 5. Forma e lugar de presentación das solicitudes e das declaracións responsables

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para estes efectos, enténdese que queda acreditado que as persoas solicitantes gozan do acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios por razón da súa capacidade técnica e dedicación profesional en virtude do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro do mes.

4. No caso de que a persoa solicitante actuase por medio de representante, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito. Na sede electrónica está dispoñible un modelo xenérico de representación.

5. A persoa solicitante deberá declarar responsablemente, tal e como consta no anexo II:

a) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

b) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Que se compromete a cumprir a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.

e) Que se compromete a cumprir as obrigas e requisitos que se sinalan no artigo 16 das bases reguladoras.

f) Que non ten ingresos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria ou percepción de prestación ou subsidio por desemprego no momento da incorporación á bolsa.

g) Que non foi beneficiaria desta mesma bolsa de formación en edicións anteriores nin renunciou a ela con posterioridade á súa aceptación.

h) Se, en relación con outras axudas ou bolsas, se solicitou, ou non; ou se recibiu, ou non, algunha outra/s axuda/s ou bolsa/s, para o mesmo período, procedentes das administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o modelo do anexo II:

a) Certificación de pagamento dos dereitos de expedición dos títulos universitarios e certificación académica completa, se fose o caso. No caso de presentar título académico estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.

b) Certificación de pagamento dos dereitos de expedición dos títulos non universitarios e certificación académica completa, se fose o caso. No caso de presentar título académico estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.

c) Relación de méritos segundo o anexo V.

En ningún caso se achegará documentación relativa a méritos non susceptibles de valoración. Non serán computables aqueles méritos que non estean convenientemente xustificados.

d) Copia dos documentos acreditativos computables dos méritos alegados.

e) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido polo centro educativo correspondente.

f) Copia dos contratos de traballo.

g) Copia do informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia electrónica presentada, a administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da devandita copia.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

1. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Se a solicitude non se cubrise en todos os seus termos, como xa se indicou no parágrafo segundo do artigo 5 destas bases, ou non se xuntase a documentación que se menciona no artigo 6, requirirase á persoa interesada para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, considerarase que desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, a Axencia Turismo de Galicia poderá requirir á persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Título oficial universitario.

e) Título oficial non universitario.

f) Título do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

g) Consulta de estar inscrita como demandante de emprego a data actual no Servizo Público de Emprego Estatal.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados nas bases e emitirá un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada. A Comisión de Valoración poderá contar co asesoramento de persoal experto externo que será nomeado polo órgano instrutor do procedemento.

2. A Comisión de Valoración estará composta por tres membros designados pola persoa titular da Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia, todos eles con voz e voto:

a) Presidente/a: unha persoa designada entre o persoal da Área de Estudos e Investigación da Axencia Turismo de Galicia.

b) Secretario/a: unha persoa funcionaria da Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia.

c) Vogal: unha persoa designada entre o persoal da Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia.

3. No informe final que elabore a Comisión de Valoración figurarán, de xeito individualizado, as persoas solicitantes propostas para obter a bolsa e a puntuación obtida ordenada de maior a menor. O informe será remitido ao órgano instrutor do procedemento.

Artigo 10. Avaliación e selección das solicitudes

1. Para a concesión das bolsas realizarase unha comparación entre as solicitudes presentadas e establecerase unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración que se determinan a seguir:

a) Proba de coñecementos prácticos: ata un máximo de 40 puntos.

b) Baremo de méritos: ata un máximo de 40 puntos.

c) Entrevista persoal: ata un máximo de 20 puntos.

2. A persoa adxudicataria será a que acade unha maior puntuación como consecuencia da suma dos puntos obtidos na avaliación dos méritos. A puntuación máxima será de 100 puntos.

3. A proba de coñecementos prácticos terá unha duración máxima de 60 minutos e poderá combinar preguntas de resposta múltiple e preguntas de resposta curta restrinxida, sen dispoñibilidade de ordenador para a súa realización. A Comisión de Valoración determinará a puntuación mínima necesaria para superala.

4. A proba de coñecementos versará sobre as seguintes materias:

a) Bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos:

Tema 1. R e RStudio: manexo, tratamento, análise e visualización de datos. Xeración de informes.

Tema 2. Estatística: inferencia, mostraxe e análise multivariante.

Tema 3. SQL: análise de datos e xestión de bases de datos.

Tema 4. Power BI: programación e elaboración de cadros de mando.

Tema 5. Outras técnicas de interese: sistemas de información xeográfica (SIX), follas de cálculo.

b) Bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos:

Tema 1. Visualización gráfica de datos e infografías.

Tema 2. Marco conceptual da análise turística.

Tema 3. Estatística descritiva.

Tema 4. Folla de cálculo.

Tema 5. Power BI: análise de datos e elaboración de informes.

5. Na fase de baremo a Comisión de Valoración examinará as solicitudes presentadas e avaliará os méritos acreditados documentalmente, conforme o seguinte baremo, cun máximo de 40 puntos:

a) Bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos:

Código

Técnica

Por cada

Máximo por fila

TFG, TFM ou artigo

Tese de doutoramento

Mes de experiencia

20 h de formación

R

Programación en linguaxe R

8,8

13,2

1,1

0,44

22

EST

Inferencia estatística, mostraxe ou análise multivariante

7,2

10,8

0,9

0,36

18

SQL

Programación en SQL

5,6

8,4

0,7

0,28

14

PBI

Elaboración en Power BI

4

6

0,5

0,2

10

SIX

Sistemas de Información xeográfica

2,8

4,2

0,35

0,14

7

CAL

Follas de cálculo

2,1

4,2

0,35

0,14

7

PRO

Programación noutras linguaxes

2,4

3,6

0,3

0,12

6

APL

Aplicacións para bases de datos ou paquetes estatísticos

1,2

1,8

0,15

0,06

3

TUR

Análise turística ou socioeconómica

1,2

1,8

0,15

0,06

3

Máximo global baremo

40

En vertical, un mesmo traballo ou curso pode puntuar en varias facetas, se así queda demostrado documentalmente. Por exemplo, un traballo de inferencia estatística con R, puntuará en ambas epígrafes.

Posteriormente, aplicarase o máximo por filas e, por último, o máximo global.

As materias de titulacións regradas tamén se valoran, sempre que se aporte a documentación que demostre o uso da técnica correspondente e o número de horas.

Todos os méritos recollidos neste artigo computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

b) Bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos:

Código

Técnica

Por cada

Máximo por fila

TFG, TFM ou artigo

Tese de doutoramento

Mes de experiencia

20 h de formación

VIS

Visualización datos e infografías

6,4

9,6

0,8

0,32

16

EST

Estatística

4,8

7,2

0,6

0,24

12

PBI

Configuración ou análise con Power BI

4,8

7,2

0,6

0,24

12

TUR

Análise turística

4

6

0,5

0,2

10

CAL

Folla de cálculo

4

6

0,5

0,2

10

R

Análise de datos con R

4

6

0,5

0,2

10

ECO

Análise socioeconómica

1,6

2,4

0,2

0,08

4

SIX

Sistemas de información xeográfica

1,2

1,8

0,15

0,06

3

SQL

Programación en SQL

1,2

1,8

0,15

0,06

3

APL

Aplicacións para bases de datos ou paquetes estatísticos

1,2

1,8

0,15

0,06

3

Máximo global baremo

40

En vertical, un mesmo traballo ou curso pode puntuar en varias facetas, se así queda demostrado documentalmente. Por exemplo, a maioría das análises turísticas serán tamén socioeconómicas, puntuando por tanto nas dúas epígrafes.

Posteriormente, aplicarase o máximo por filas e, por último, o máximo global.

As materias de titulacións regradas tamén se valoran, sempre que se aporte a documentación que demostre o uso da técnica correspondente e o número de horas.

Todos os méritos recollidos neste artigo computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

6. Entrevista persoal. Máximo 20 puntos.

Na entrevista valoraranse a capacidade de resposta, madurez, motivación e iniciativa das persoas candidatas así como os seus coñecementos e formación en relación coas actividades que se van desenvolver durante as prácticas.

As persoas candidatas que non se presenten á entrevista quedarán automaticamente eliminadas do procedemento de selección. No caso de ser necesario, poderase realizar a entrevista persoal por videoconferencia.

Para acceder ás bolsas convocadas será necesario acadar unha puntuación mínima de 5 puntos na entrevista.

Artigo 11. Instrución do procedemento e tramitación

1. A competencia para resolver as solicitudes de concesión das bolsas presentadas ao abeiro desta convocatoria corresponderalle á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

2. O órgano instrutor do procedemento será a Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia, que de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, realizará cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

3. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección de Competitividade aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que será publicada no taboleiro de anuncios da páxina web de Turismo de Galicia e nos lugares determinados pola normativa vixente, con indicación dos seus apelidos, o nome e número de documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro, así como das causas determinantes das exclusións que procedan.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderase implícita coa publicación da listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios da páxina web da Axencia Turismo de Galicia.

De non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A Comisión de Valoración convocará as persoas candidatas admitidas á realización da entrevista. A data e o lugar da celebración da entrevista publicaranse no taboleiro de anuncios da páxina web da Axencia Turismo de Galicia http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios

A Comisión valorará os méritos alegados polas persoas candidatas conforme o baremo indicado nas bases e formulará un informe no que se concrete o resultado da avaliación efectuada e a puntuación obtida, que será remitida ao órgano instrutor.

No caso de empate na puntuación obtida, este resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido das persoas candidatas, comezando pola letra resultante no sorteo realizado en cumprimento do disposto no Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Artigo 12. Resolución

1. Á vista do informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución provisional que se porá de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez (10) días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Transcorrido o trámite de audiencia, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución coa puntuación definitiva ordenada de maior a menor e elevaraa á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia que, no prazo máximo de 15 días, resolverá o procedemento de concesión.

2. O prazo máximo para a tramitación e resolución da concesión das bolsas será de catro meses, desde a data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 13. Publicación e notificacións

1. A resolución, así como os datos que deban notificarse de forma conxunta publicaranse na páxina web da Axencia Turismo de Galicia http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios

Esta publicación substituirá á notificación persoal e producirá os seus efectos.

2. A concesión da bolsa seralle notificada á persoa adxudicataria. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. A persoa adxudicataria disporá dun prazo de dez (10) días hábiles para comunicar á Axencia Turismo de Galicia a súa aceptación ou renuncia por escrito conforme o modelo que figura como anexo III desta convocatoria. Se transcorridos os sinalados dez (10) días non se producise manifestación expresa, esta entenderase tacitamente rexeitada. Se a persoa beneficiaria renunciase expresamente á bolsa, esta concederase ao/á seguinte candidato/a con mellor puntuación da listaxe de reserva.

4. Se durante o desenvolvemento das prácticas se produce algunha vacante ou renuncia por parte da persoa beneficiaria, procederase á cobertura desta seguindo a orde establecida na correspondente listaxe de reserva en función da puntuación obtida.

Artigo 14. Réxime de recursos

A resolución da persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Artigo 15. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 16. Obrigas da persoa beneficiaria

Ademais das obrigas previstas polo artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa seleccionada queda obrigada pola aceptación da bolsa a:

a) Aceptar en todos os seus termos esta resolución. A comprobación de datos non axustada á realidade, tanto na solicitude como na documentación achegada, poderá supoñer a denegación ou revogación da axuda.

b) Realizar as actividades encomendadas e cumprir co horario indicado polo/a titor/a. Ao remate da bolsa remitirá á Axencia Turismo de Galicia unha memoria final sobre as actividades desenvolvidas visada polo/a titor/a.

c) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas de Galicia.

d) Todos os estudos, informes, e demais documentos que xere a persoa bolseira durante o desenvolvemento da súa formación quedarán a disposición da Axencia Turismo de Galicia, que será titular dos dereitos de explotación e demais relativos á propiedade intelectual dos estudos e informes. As persoas bolseiras deberán aceptar por escrito esta atribución de dereitos a favor da devandita entidade antes da súa incorporación.

Artigo 17. Aboamento da axuda

O pagamento da bolsa realizarase por períodos mensuais vencidos. No caso de producirse a incorporación ou o cesamento nun día distinto ao primeiro ou ao último de cada mes, a persoa bolseira percibirá o importe que proporcionalmente corresponda ao número de días que goce da bolsa. As devanditas contías estarán suxeitas á retención que legalmente proceda.

1. Primeiro pagamento: para o seu aboamento será requisito ter enviado con carácter previo a seguinte documentación:

a) Escrito de aceptación da bolsa, onde conste o compromiso de cumprimento das normas e obrigas derivadas das bases desta convocatoria, segundo o modelo do anexo III desta resolución.

b) Declaración responsable, segundo o modelo do anexo IV desta resolución, de:

– Non ter ingresos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria ou percepción de prestación ou subsidio por desemprego no momento de incorporación á bolsa.

– Non ter solicitada nin concedida ningunha outra subvención, axuda ou ingreso para este mesmo proxecto ou conceptos para os que solicita a bolsa. No caso de que durante a vixencia da bolsa de formación concedida na Axencia Turismo de Galicia, deixase de cumprir a condición anterior por pasar a percibir calquera xénero de compensación económica, obrígase expresamente a poñelo en coñecemento do devandito centro directivo, causando baixa na percepción da bolsa.

– Non ter sido adxudicataria da mesma bolsa de formación en edicións anteriores ou ter renunciado á bolsa con posterioridade á súa aceptación.

c) Datos da conta bancaria.

2. Pagamento final: para o aboamento do derradeiro pagamento será requisito ter presentado a seguinte documentación:

a) Certificación expedida polo/a titor/a de que a persoa adxudicataria levou a cabo a súa actividade cun nivel de rendemento satisfactorio.

b) Memoria realizada polo/a bolseiro/a e visada polo/a titor/a acerca do labor realizado.

Artigo 18. Certificado de aproveitamento

O/a titor/a ou persoa competente na Axencia Turismo de Galicia expedirá un certificado sobre asistencia e aproveitamento da bolsa.

Artigo 19. Reintegro e perda do dereito ao cobramento da subvención

1. Sen prexuízo das causas xerais establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procederá a perda do dereito ao cobramento das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos seguintes casos, en consonancia co establecido no artigo seguinte:

a) O incumprimento de calquera das obrigas contidas nestas bases reguladoras.

b) A falta de rendemento da persoa beneficiaria, o incumprimento do plan de actuación aprobado ou a inadaptación ás normas de funcionamento da Axencia Turismo de Galicia.

c) O incumprimento dos compromisos adquiridos

2. De conformidade co artigo 14.1, letra n), da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se vai minorar ou reintegrar serán os seguintes:

a) A obtención da subvención falseando os datos, feitos ou documentación, así como as condicións requiridas para a concesión ou ocultando aquelas que o impidan, a falta de rendemento, o incumprimento do plan de actuación aprobado ou a inadaptación ás normas de funcionamento da Axencia Turismo de Galicia ou a percepción doutras subvencións públicas, incompatibles coa subvención, dará lugar á perda do dereito ao cobro ou, no seu caso, ao reintegro da totalidade da axuda percibida.

b) Calquera outro incumprimento considerarase incumprimento parcial dos fins para os que se concedeu a axuda e dará lugar á perda do dereito ao cobro ou, no seu caso, ao reintegro na porcentaxe correspondente.

Artigo 20. Incidencias

A Axencia Turismo de Galicia resolverá todas as dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

En calquera momento, o/a titor/a poderá propoñerlle á Dirección da Axencia Turismo de Galicia cancelar a bolsa por falta de rendemento da persoa beneficiaria, incumprimento do plan de actuación aprobado ou inadaptación ás normas de funcionamento da Axencia Turismo de Galicia. A Dirección da Axencia Turismo de Galicia, logo de dar trámite de audiencia á persoa interesada, poderá revogar a concesión da bolsa por incumprimento das obrigas contraídas pola persoa adxudicataria.

A Axencia Turismo de Galicia poderá autorizar a interrupción temporal da bolsa, logo da incorporación da persoa bolseira por motivos de forza maior. No caso de que a interrupción supere o 10 % do tempo total de duración da bolsa, suporá a súa revogación.

A renuncia durante o desfrute da bolsa inhabilitará á persoa adxudicataria a presentarse a futuras convocatorias, agás nos casos de forza maior, que serán valorados pola Axencia Turismo de Galicia.

O incumprimento dos compromisos adquiridos, de acordo coas bases precedentes, dará lugar á revogación da axuda concedida e, de ser o caso, á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto na lexislación vixente. Así mesmo, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa obxecto desta resolución e a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes privados nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 21. Remisión normativa

En todo o non recollido na presente resolución aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia; na Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións e no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2007, do 21 de xullo; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, e na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade correspondente.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file