O Pleno, en sesión celebrada o 29 de decembro de 2022, acordou:
Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para reaxuste de aliñacións en Bosque Desamparados, parcela A3, da unidade de execución integral 6 (UEI-6), promovido por Carolina Couselo Fariña no nome da Xunta de Compensación UEI-6.
Segundo. Publicar no prazo dun mes, no Diario Oficial de Galicia, o acordo de aprobación definitiva, de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do solo de Galicia (LSG), e no artigo 199 do seu regulamento.
Publicar, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.
Terceiro. Remitir o expediente, en soporte dixital, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co sinalado no artigo 88 da LSG.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que se considere oportuno.
Vilagarcía de Arousa, 12 de xaneiro de 2023
Alberto Varela Paz
Alcalde