Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos do proxecto 0092_AQUALITRANS_1_E nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, do contrato de servizo para a elaboración da estratexia de comunicación e apoio en materia de difusión do proxecto 0076_AQUALITRANS_II_1_E no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato.

Título: servizo para a elaboración da estratexia de comunicación e apoio en materia de difusión do proxecto 0076_AQUALITRANS_II_1_E no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.22113.

CPV (referencia de nomenclatura): 79340000-9-Servizos de publicidade e de márketing.

Orzamento base: importe neto: 14.875,00 euros. Importe total: 17.998,75 euros.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 14.700,00 euros. Importe total: 17.787,00 euros.

Empresa contratista: Taller de Técnicas Creativas, S.L.U.

3. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Actuación referida no punto 2 anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe 3 «Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais». Obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de investimento 6F «Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección ambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica». Obxectivo específico OE6F «Incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación».

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia