Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12813

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2022.

Mediante a Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, a Consellería do Medio Rural regulou a tramitación de solicitudes de modificación do Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) da campaña 2022.

O artigo 21 da citada orde dispón que a resolución das solicitudes de modificación ao Sixpac corresponde á persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), que ditará a resolución correspondente que será notificada aos interesados.

Conforme se indica no artigo 27 da mesma orde, todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De conformidade co establecido no artigo 45.1 da citada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha ligazón á páxina web do Fogga.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes das resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da Orde do 21 de xaneiro de 2022 citada.

As persoas interesadas poden acceder a devandita web a través da seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/sixpac/resolucions-de-alegacions-sixpac/campana-2022

Segundo. Poñer á disposición das persoas interesadas no Portal de axudas PAC as resolucións completas das solicitudes citadas no punto primeiro desta resolución.

O acceso ao devandito portal poderá realizarse a través da seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Terceiro. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da citada lei.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria