Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12989

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria e bases que rexerán o proceso selectivo dunha praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 247, do 30 de decembro de 2022, publicouse integramente a convocatoria e bases que rexerán o proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira dunha praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial.

As instancias en que se solicita tomar parte no proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.

Arteixo, 19 de xaneiro de 2023

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente