Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO das bases xerais e das bases específicas dos procesos selectivos de técnico/a de arquivo e de bombeiro-condutor.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, núm. 98, de data do 25 de maio de 2022 foron publicadas as bases xerais polas que rexerán os procesos selectivos para a selección de persoal funcionario do Concello de Narón para o ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, núm. 247, de data do 30 de decembro de 2022 publicáronse as bases específicas para a provisión dunha praza de técnico/a de arquivo e catro prazas de bombeiro-condutor.

Narón, 9 de xaneiro de 2023

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa