Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216 Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: contrato menor de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra OH.415.1213 - Remodelación integral do parque San Martiño. Construción de motas de protección fronte ás enchentes. Carballo (A Coruña), referencia de expediente: AUG-2022-0004.

Clave do expediente: GA.22074.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 11.862,37 euros. Importe total: 14.353,47 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 11.750,00 euros. Importe total: 14.217,50 euros.

Empresa contratista: Ingeniería del Noroeste, S.L. (Inor).

b) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.415.1213 - Remodelación integral do parque San Martiño. Construción de motas de protección fronte ás enchentes. Carballo (A Coruña), referencia de expediente: AUG-2022-0004.

Clave do expediente: GA.22075.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 6.487,48 euros. Importe total: 7.849,85 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 4.080,00 euros. Importe total: 4.936,80 euros.

Empresa contratista: Atenea Seguridad y Medioambiente, S.A.U.

3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación referida no punto 2) anterior, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5: promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos; prioridade de investimento 5.2: fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes; obxectivo específico 5.2.1: fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil; actuación 5.2.1.4: medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación: medidas para a prevención do risco de inundación na área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) río Anllóns CO 10-01-04.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia