Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13184

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 18 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para os anos 2023 e 2024, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento SA462B).

De conformidade co Decreto 136/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, correspóndenlle a esta as competencias en materia de sanidade, de acordo co Estatuto de autonomía para Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española.

O Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo, foi creado pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, e está adscrito á Consellería de Sanidade. A estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde regúlase no Decreto 137/2019, do 10 de outubro, e os fins e funcións regúlanse no capítulo I do título VI da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, a través da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e da súa Subdirección Xeral de Atención Primaria, ocúpanse da programación, coordinación e xestión de accións e medidas dirixidas a reducir a demanda do consumo de drogas, a facilitar a prestación de servizos asistenciais e a promover a incorporación social de pacientes drogodependentes. Así mesmo, a dita subdirección é o órgano encargado de asesorar, coordinar e supervisar as directrices e accións que, respecto da materia obxecto da Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas, se desenvolvan no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Entre outros, ten o obxectivo xeral de colaborar e cooperar con institucións públicas e privadas nas distintas vertentes da problemática das drogodependencias e de desenvolver, xestionar e coordinar os programas asistenciais e de incorporación social do consumo de drogas en Galicia. Asumirá as funcións asistenciais que se lle asignan ao Comisionado do Plan de Galicia sobre drogas no Decreto 254/1997, do 10 de setembro, polo que se procede á creación e adscrición do Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas, e colaborará na implantación e seguimento de programas de reinserción de pacientes drogodependentes que se leven a cabo na Comunidade Autónoma.

A actual rede de asistencia de drogodependencias que forma parte da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, segundo a Orde do 12 de marzo de 2007 pola que se regula a integración funcional dos centros de alcoholismo e de atención ás drogodependencias non alcohólicas no Servizo Galego de Saúde, colabora con asociacións sen ánimo de lucro que están a desenvolver programas de incorporación social. Estas entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre drogas deberán estar inscritas no rexistro creado polo Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas e se regula o procedemento para a súa declaración de interese, modificado polo Decreto 58/2005, do 24 de febreiro.

Por todo o exposto, conforme o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, de acordo coas facultades que me atribúen os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o cal foron establecidos,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro, para a realización de programas de incorporación social desenvoltos en vivendas durante os anos 2023 e 2024, segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, destinados a persoas afectadas por distintos tipos de adiccións que estean participando nun programa terapéutico de rehabilitación nas unidades de atención a drogodependencias incluídas no Circuíto de asistencia sanitaria aos trastornos adictivos en Galicia.

A súa finalidade é apoiar as persoas que seguen un tratamento de deshabituación de trastornos adictivos para facilitar a súa incorporación social e promover unha vida autónoma en ámbito residencial.

Habilítase na sede electrónica da Xunta de Galicia o código SA462B para este procedemento administrativo.

Artigo 2. Requisitos das entidades beneficiarias

1. Para ser beneficiaria das axudas publicadas nesta orde deberán acreditarse os seguintes requisitos:

a) Ser unha entidade sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas creado polo Decreto 74/2002, do 28 de febreiro.

b) Ser titular ou responsable dunha vivenda de apoio á incorporación social de pacientes estabilizados/as nas unidades asistenciais de drogodependencias.

Este recurso deberá estar aberto todos os días do ano, sen excepción.

c) Acreditar o desenvolvemento de programas de incorporación social dirixidos ao colectivo de persoas drogodependentes durante os dous anos anteriores á anualidade desta convocatoria, achegando as memorias de actividade de cada ano. A dita memoria deberá axustarse ao indicado no artigo 8, alínea c), do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia.

d) Axustarse ao establecido pola Orde do 25 de xaneiro de 2008, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, para os centros de acollida e inclusión que desenvolven programas de apoio social a procesos terapéuticos, e estar inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), regulado na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

e) Estar autorizada, desde dous anos antes á anualidade desta convocatoria, polo servizo correspondente da Consellería de Política Social, segundo o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, como centro de acollida-apoio social a procesos terapéuticos.

f) Dispoñer dunha sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, contar con domicilio social nela e comprometerse a desenvolver as actividades subvencionadas en vivendas próximas á poboación onde exista unidade asistencial de drogodependencias.

2. As entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas que lles sexan exixibles de acordo co artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Todos os requisitos deberán acreditarse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.

Artigo 3. Normas de acceso das persoas usuarias aos programas

1. A entidade responsable do programa destinará este recurso a pacientes en tratamento e seguimento nas unidades de atención a drogodependencias incluídas no Circuíto de asistencia sanitaria aos trastornos adictivos en Galicia que requiran dun programa de incorporación social con apoio residencial. Para poder acceder ao recurso achegarase un informe de derivación asinado pola persoa titular da dirección da unidade asistencial de referencia da persoa interesada, en que conste que esta se encontra nunha situación de estabilidade clínica que permite a súa adscrición á vivenda, e as circunstancias socioeconómicas e familiares que determinan a necesidade deste recurso.

As persoas usuarias poderán presentar calquera tipo de adicción e atoparse incluídas en programa libre de drogas ou en programa de substitución con opiáceos.

2. As persoas usuarias serán maiores de 18 anos e o acceso ao recurso será voluntario.

3. O programa ofertarase de xeito prioritario cando non exista un apoio sociofamiliar axeitado ou concorran situacións de vulnerabilidade.

4. Co obxecto de optimizar os recursos de apoio, as entidades poderán establecer unha achega económica por parte das persoas usuarias, priorizando o acceso daquelas con menos recursos, sen que ningunha persoa poida ser rexeitada por non dispoñer de recursos económicos.

A achega económica por parte das persoas usuarias non superará o 75 % dos seus ingresos líquidos, quedando excluídas do cómputo as gratificacións extraordinarias. O criterio seguido pola entidade para o establecemento desta achega deberá constar no regulamento de réxime interior do centro e, en todo caso, estarán exentas da devandita achega as persoas usuarias con outras persoas ao seu cargo.

5. No suposto de establecer as achegas mencionadas no número anterior, a entidade beneficiaria da subvención deberá comunicalo á Subdirección Xeral de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde e á unidade administrativa competente na autorización e inspección de servizos sociais dependente da Consellería de Política Social, facendo constar o seu importe.

Artigo 4. Programas subvencionables

1. Enténdese por programa o conxunto de actividades ordenadas e dirixidas a unha poboación definida, empregando os recursos necesarios durante un período determinado e coa finalidade de acadar uns obxectivos concretos.

2. Serán subvencionables os programas de incorporación social destinados a persoas afectadas por distintos tipos de adicción que estean participando nun programa terapéutico de rehabilitación dun trastorno adictivo nas unidades de atención a drogodependencias incluídas no Circuíto de asistencia sanitaria aos trastornos adictivos en Galicia, que instrumenten accións cuxa finalidade sexa conseguir a normalización na vida cotiá da comunidade de persoas facilmente vulnerables desde o punto de vista social.

3. O programa e actividades deberán ter un carácter integral e estar deseñados como un proceso continuado, que se iniciará cun diagnóstico global e establecerá un proceso de incorporación social. A orientación corresponderá inicialmente ao ámbito sanitario, que deberá avaliar a situación global da persoa co fin de propoñer as alternativas máis axeitadas.

4. As entidades beneficiarias só poderán ter dereito á subvención dun programa por vivenda.

5. Cada entidade poderá acadar a subvención para un máximo de 3 programas ou vivendas.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Consideraranse gastos subvencionables os que cumpran as seguintes características:

a) Que correspondan exclusivamente aos xerados na realización do programa de apoio social aos procesos terapéuticos.

b) Que, no caso da anualidade 2023, se efectúen desde o 1 de decembro do ano 2022 ata o 30 de novembro do 2023 e sexan efectivamente pagados ata o 30 de novembro do 2023 e, no caso da anualidade 2024 que se efectúen desde o 1 de decembro do ano 2023 ata o 30 de novembro do 2024 e sexan efectivamente pagados ata o 30 de novembro do 2024.

Exceptuaranse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior, por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) no cal se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación, quedando obrigada a entidade subvencionada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidez nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario; en todo caso, esta presentación terá como data límite o derradeiro día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.

c) Que respondan de xeito indubidable á natureza da actividade subvencionada, e resulten estritamente necesarios.

d) Que teñan a seguinte natureza:

1º. Gastos de persoal: o custo total abranguerá as retribucións e os custos de Seguridade Social correspondentes á empresa. Soamente serán subvencionables os gastos do persoal que figure relacionado na memoria da solicitude do programa, e soamente será subvencionable na porcentaxe imputada que se corresponda co número de horas dedicadas ao programa indicado na antedita memoria, excepto que por necesidades debidamente xustificadas sexa necesario modificar esta. Calquera modificación deberá ser comunicada nun prazo máximo de 30 días desde o momento en que se produza. No caso contrario non se aceptará o gasto.

Polo que respecta tanto ao persoal laboral da entidade como ao que estea en réxime de arrendamento de servizos, incluídos os complementos de contía fixa e carácter habitual, será subvencionable o custo total que abranguerá as retribucións e os custos de Seguridade Social correspondentes á entidade.

O importe das subvencións destinadas a financiar as retribucións imputables á execución dos programas estará limitado polas contías determinadas para os diferentes grupos de cotización á Seguridade Social que se detallan nos convenios colectivos de aplicación en cada caso.

Para xornadas inferiores ás corenta horas realizarase o cálculo proporcional.

2º. Gastos correntes: ata un máximo do 30 % da contía concedida.

a) Gastos correntes de mantemento da vivenda en que se desenvolve o programa.

Os gastos de alugamento, así como os correntes de subministracións (auga, luz...) non poderán ser imputados ao 100 %, agás que se certifique que ese gasto corresponde de xeito exclusivo á realización da actividade do programa subvencionado. No caso contrario soamente se poderá imputar unha porcentaxe proporcional ao custo do desenvolvemento do programa sobre o orzamento da entidade.

b) Axudas de custo e gastos de viaxe, en función das contías fixadas para o grupo 2 no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns do servizo ao persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non superen no seu conxunto o 3 % do importe total subvencionable do programa, agás que, en atención á súa natureza, sexa autorizada outra porcentaxe na resolución de concesión da axuda. O importe subvencionable de cada axuda de custo ou gasto de viaxe será, como máximo:

Aloxamento: 65,97 €.

Manutención: 37,40 €.

Quilometraxe: 0,19 €/km.

c) Gastos de xestión e administración directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa, incluídos os custos xerais de estrutura necesarios e indispensables para a súa axeitada preparación ou execución. Poderán imputarse os derivados de auditorías externas sobre a xestión do/s programa/s por parte da entidade.

d) Outros gastos correntes directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa.

e)Tamén son subvencionables os gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado e os de administración específicos directamente relacionados coa actividade subvencionada, se son indispensables para a súa axeitada preparación ou execución, así como os gastos de garantía bancaria. Non obstante, en ningún caso serán subvencionables os xuros debedores das contas bancarias.

2. Non serán subvencionables os gastos orixinados polas actividades realizadas na condición de integrantes das xuntas directivas ou consellos de dirección das entidades.

3. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.

Artigo 6. Subcontratación

1. Enténdese que unha entidade subcontrata cando concerta con terceiras persoas a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto desta subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer a entidade para a realización por si mesma da actividade subvencionada.

Aplicarase o que dispoñen os artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. A prestación das actividades que se desenvolvan ao abeiro desta orde será levada a cabo polas persoas profesionais que integran o equipo técnico dos diversos dispositivos das entidades beneficiarias, que serán as responsables da xestión dos programas obxecto de subvención a nivel técnico e administrativo.

Excepcionalmente, cando polas especiais características dalgunha das actividades que se vaia desenvolver ou das necesidades das persoas beneficiarias sexa necesario, a entidade beneficiaria poderá subcontratar ata un máximo do 50 % da actividade.

En ningún caso concertará a execución parcial ou total das actividades subvencionadas con persoas ou entidades que recibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

Artigo 7. Imputación orzamentaria, réxime de compatibilidades e contía

1. Para o financiamento destas axudas está previsto un crédito de cincocentos cincuenta mil seiscentos cincuenta e seis euros (550.656 €) desagregados do seguinte xeito:

1.a) Douscentos setenta e cinco mil trescentos vinte e oito euros (275.328 €), con cargo á aplicación 5001.413A.481.21 e código de proxecto 201400027, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, quedando as resolucións no momento da súa concesión condicionadas á existencia de crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria sinalada.

1.b) Douscentos setenta e cinco mil trescentos vinte e oito euros (275.328 €), con cargo á aplicación 5001.413A.481.21 e código de proxecto 201400027, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, quedando as resolucións no momento da súa concesión condicionadas á existencia de crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria sinalada.

O orzamento destinado a esta orde financiase con fondos da asignación tributaria do 0,7 % do IRPF destinado á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario e con fondos propios libres.

2. O crédito previsto no número anterior deste artigo poderá ser ampliado nos supostos e condicións previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

En todo caso, o incremento de crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia da concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no citado artigo ou da dispoñibilidade de fondos procedentes do Estado. Cando proceda, será necesario aprobar a oportuna modificación orzamentaria. Nestes supostos, o órgano concedente das subvencións terá que publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Neste caso, a contía máxima establecida como subvencionable para cada programa incrementarase de xeito proporcional á puntuación total obtida. A nova contía de cada programa calcularase tendo en conta o total de puntos obtidos polos programas subvencionados e o importe en que se incremente o crédito da subvención, determinando un valor por punto.

3. O procedemento de aprobación de gasto axustarase ao disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 24 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

4. A tramitación do procedemento realizarase mediante tramitación anticipada, segundo o disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro.

5. As axudas que se concedan ao abeiro desta orde serán compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade.

6. A axuda máxima que será financiada por cada programa é de 110.131,2 euros, 55.065,6 euros para cada anualidade, sen en prexuízo do indicado no número 2 deste artigo.

Non obstante, o importe das subvencións outorgadas nesta orde non poderá en ningún caso ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas desta ou doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, ou das achegas dos usuarios, de ser o caso, supere o custo das actividades que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

En todo caso, a obtención doutras axudas para o programa subvencionado deberá ser comunicada pola entidade beneficiaria á Subdirección Xeral de Atención Primaria no momento da súa concesión.

Artigo 8. Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O dito prazo deberá computarse de conformidade co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación das bases reguladoras desta orde de subvencións.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) A documentación que acredite a representación legal da entidade asinada electronicamente.

b) A copia da escritura de constitución.

c) Os estatutos.

d) A documentación acreditativa da capacidade técnica da entidade solicitante asinada electronicamente.

e) O balance ou xustificación dos ingresos e gastos da entidade referido ao exercicio económico do ano 2022 asinado electronicamente.

f) O certificado ou calquera outra documentación oficial acreditativa da implantación e mantemento de sistemas de calidade normalizados, no caso de que o posúan,

g) A copia do regulamento de réxime interno do centro visado polo Servizo de Inspección de Servizos Comunitarios e Inclusión Social.

h) A acreditación de tratarse dunha entidade de utilidade pública, no caso de que así sexa.

i) O anexo IV de comprobación de datos das persoas responsables ou colaboradoras do programa debidamente cuberto e asinado.

j) A información técnica do programa segundo o anexo II.

k) A memoria técnica do programa segundo o anexo III.

l) A documentación acreditativa de formación específica en terapias de rehabilitación en substancias adictivas do responsable do proxecto e do resto do persoal que participe no programa.

m) Protocolo de actuación en caso de intoxicación por substancias psicótropas asinado electronicamente.

n) Protocolo de prevención do suicidio asinado electronicamente.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recompilados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á entidade interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Calquera cambio que se produza dos datos contidos na documentación que se achegue coa solicitude deberá comunicarse á Subdirección Xeral de Atención Primaria, que poderá demandar da entidade solicitante todos e cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) O NIF da entidade solicitante.

b) O DNI /NIE da persoa representante da entidade que solicita a subvención.

c) A titulación oficial universitaria e/ou oficial non universitaria da persoa titular da dirección responsable e das persoas profesionais que desenvolven o programa social de apoio aos procesos terapéuticos de rehabilitación de distintas adiccións.

d) O certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) O certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Tributaria do Estado.

f) O certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo nos recadros habilitados no formulario correspondente (anexo I e anexo IV) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as entidades beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 13. Procedemento, instrución e Comisión de Valoración

1. O procedemento de concesión das subvencións será o de concorrencia competitiva.

2. O órgano instrutor do procedemento será a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

3. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, coas concrecións que se establecen nos parágrafos seguintes.

4. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano instrutor examinará a documentación presentada. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación obrigatoria que debe presentarse conteña erros ou sexa insuficiente, requiriranse por escrito ás entidades interesadas os datos, documentos e aclaracións que se consideren necesarios para completar o expediente, con indicación de que, se así non o fixeren nun prazo de dez días hábiles, se considerará que desistiron da súa solicitude, logo da resolución que así o declare, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. Durante a instrución do procedemento, constituirase como órgano colexiado unha Comisión de Valoración que, de acordo cos criterios establecidos no artigo 14, avaliará os proxectos solicitantes e emitirá o correspondente informe coa valoración acadada polos proxectos presentados.

Esta comisión terá a seguinte composición:

a) A persoa titular da Subdirección Xeral de Atención Primaria, que desempeñará a presidencia. De ser o caso, será substituída pola persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa. No caso de empate, a persoa que desempeñe a presidencia terá voto de calidade.

b) A persoa que desempeñe a xefatura do Servizo de Saúde Mental. Se é o caso, será substituída pola persoa que desempeñe a xefatura do Servizo de Coordinación Sociosanitaria.

c) Dúas persoas de entre o persoal técnico do Servizo de Saúde Mental, das cales unha asumirá a secretaría. De ser o caso, serán substituídas por persoal técnico do Servizo de Coordinación Sociosanitaria.

A Comisión de Valoración poderá solicitar a presenza dunha persoa representante da Subdirección Xeral de Inclusión, Inmigración e Acción Social ou unidade administrativa competente nesta materia, así como dunha persoa representante da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, da Consellería de Política Social, que teña o rango mínimo de titular dunha xefatura de servizo, para os efectos de asesoramento e coordinación naqueles aspectos que se refiran ao desenvolvemento e integración social levados a cabo polas entidades solicitantes.

Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

6. Unha vez avaliadas as solicitudes e emitido o informe da Comisión de Valoración, esta comunicarallo ao órgano instrutor que formulará a proposta de resolución e a elevará ao órgano competente para resolver.

Artigo 14. Criterios de valoración das solicitudes

1. Primeira fase de valoración:

a) Calidade do programa (máximo 12 puntos). O mínimo exixido para este criterio será de 6 puntos, polo que as solicitudes que non acaden esta puntuación mínima non pasarán á seguinte fase de valoración.

Para cuantificar a calidade do programa presentado valoraranse preferentemente os seguintes aspectos:

1º. Metodoloxía empregada: descrición pormenorizada das fases do programa e dos criterios de alta. Máximo 2 puntos.

2º. Obxectivos xerais e específicos. Máximo 2 puntos.

3º. Inclusión de alternativas ocupacionais e/ou formativas específicas. Máximo 1 punto.

4º. Inclusión de alternativas ocupacionais e/ou formativas específicas destinadas a persoas con adiccións emerxentes. Máximo 0,5 puntos.

5º. Criterios de inclusión e exclusión no procedemento de acceso á vivenda. Máximo 1 punto.

6º. Dedicación e cualificación das persoas traballadoras implicadas na atención directa en relación cos obxectivos propios destes programas. Máximo 1 punto.

7º. Desenvolvemento das actividades realizadas no programa para o fomento de adquisición de habilidades sociais e da utilización dos recursos normalizados e externos á entidade. Máximo 2 puntos.

8º. Consecución de obxectivos: valorarase a porcentaxe de persoas usuarias que acadasen os obxectivos no ano previo, segundo as memorias achegadas no artigo 2, alínea c), desta orde. Máximo 1,5 puntos.

Porcentaxe de persoas usuarias que acadan o obxectivo

Puntos

≥25 %- ˂50 %

0,5

≥50 %- ˂75 %

1

≥75 %

1,5

9º. Indicadores de proceso e resultado de acordo cos obxectivos definidos. Enténdese por indicador de proceso aquel que permita avaliar a realización dunha actividade independentemente do resultado e por indicador de resultado o que avalía o grao en que a actividade acadou os obxectivos propostos. Máximo 1 punto.

b) Traxectoria da entidade solicitante. Máximo 8 puntos.

1º. Valorarase con 1 punto cada ano en que a entidade obtivese algunha axuda de entidades públicas da Comunidade Autónoma galega, nacionais ou europeas en materia de actuación en drogodependencias e que a dita axuda fose debidamente xustificada pola entidade perceptora, ata un máximo de 6 puntos.

2º. Calidade na xestión da entidade: valoraranse con 1 punto as entidades que conten con certificados de calidade en vigor con base na norma ONG con calidade ISO 9001: 2015, EFQM ou outros sistemas de calidade que garantan o control de procesos e programas. Máximo 1 punto.

3º. Declaración de utilidade pública da entidade debidamente acreditada. Máximo 1 punto.

Pasarán á segunda fase os que cumpran o mínimo establecido para cada un dos criterios, o que suporá obter un mínimo de puntuación nesta primeira fase de 6 puntos.

A puntuación obtida acumularase á que se obteña na segunda fase.

2. Segunda fase de valoración:

a) Grao da consolidación na prestación do servizo: 3 puntos por cada ano en que a entidade obtivese axuda específica de entidades públicas da Comunidade Autónoma galega, nacionais ou europeas, para o desenvolvemento de programas de incorporación social destas persoas en vivendas específicas. Valorarase ata un máximo de 12 puntos, sempre que xustificase as actividades realizadas e a consecución dos obxectivos do programa.

b) Funcionamento da vivenda (máximo 10 puntos):

1º. Ámbito territorial da vivenda. Provincial: 1 punto. Autonómico: 2 puntos.

2º. Presenza física de persoal polas noites na vivenda: 2 puntos.

3º. Presenza física de persoal as fins de semana na vivenda: 2 puntos.

4º. Concreción e regulación do procedemento de acceso á vivenda. Máximo 2 puntos.

5º. Regulamento interno da vivenda. Valorarase a claridade das normas e obrigas, así como das posibles sancións polo seu incumprimento. Así mesmo, valorarase a claridade na determinación das achegas económicas que, se é o caso, fagan as persoas usuarias. Máximo 2 puntos.

6º. Ocupación media da vivenda no ano 2022. Máximo 1 punto.

c) Participación de institucións non públicas no financiamento das ditas vivendas no ano 2022 por importe igual ou superior a 1.000 euros, ata un máximo de 5 puntos. 1 punto por cada axuda de institución non pública debidamente acreditada.

d) Contribución da actividade á discriminación positiva da muller: 1 punto.

3. Como resultado da aplicación dos criterios de valoración obterase unha relación ordenada das solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas establecidas para adquirir a condición de entidade beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada en cada unha das fases.

4. As axudas adxudicaranse aos 5 programas que obteñan as puntuacións máis altas, ordenados de maior a menor puntuación, cada un dos cales obterá un importe de 110.131,2 euros, 55.065,6 euros para cada anualidade.

5. A Subdirección Xeral de Atención Primaria poderá realizar os axustes que xulgue adecuados sobre calquera dos elementos integrantes do programa, sempre orientados a garantir a súa factibilidade, a eficiencia e o respecto aos principios éticos aplicables.

6. Se a entidade beneficiaria renuncia á axuda destinada a algún dos programas e, como consecuencia do límite orzamentario que establece o artigo 7, quedan programas sen recibir axuda, aquela adxudicarase ao seguinte programa que figure na prelación resultante da aplicación dos criterios recollidos neste artigo.

7. Se de acordo coa valoración realizada dúas ou máis entidades obteñen unha puntuación igual e, por razóns de insuficiencia de crédito dispoñible ou superación do límite máximo do número de axudas recollido no artigo 4, non poden recibir axuda todas elas, terán preferencia para a obtención da condición de beneficiarias, aquelas que:

a) Conten cunha maior puntuación na primeira fase de valoración.

b) Conten no seu cadro de persoal con persoas traballadoras discapacitadas. No caso de que esta epígrafe a cumpra máis dunha entidade, terá preferencia para a obtención da condición de beneficiaria aquela ou aquelas entidades que conten cunha maior porcentaxe de persoas traballadoras con discapacidade no seu cadro de persoal, sempre e cando esta circunstancia sexa debidamente acreditada.

c) Usen a lingua galega no desenvolvemento das actividades.

Artigo 15. Resolución

1. Correspóndelle á persoa titular da Consellería de Sanidade e da presidencia do Servizo Galego de Saúde resolver o procedemento.

2. As resolucións serán motivadas e seranlles notificadas ás entidades interesadas no prazo máximo de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. De non mediar resolución expresa no citado prazo, as entidades interesadas poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

3. A resolución deberá serlles notificada ás entidades beneficiarias de forma individualizada, de acordo co previsto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 16. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. De acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, segundo o previsto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, unha vez recaída a resolución de concesión, a entidade beneficiaria poderá solicitar a modificación do seu contido, tendo en conta as seguintes regras:

a) A modificación deberá respectar a actuación subvencionada e non dará lugar á execución deficiente e/ou incompleta.

b) A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade e a esta xuntarase:

1º. A memoria xustificativa.

2º. A relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

3º. O orzamento modificado, se é o caso.

c) Poderase autorizar sempre que non dane dereitos de terceiras persoas.

d) Non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

e) Cando implique modificación do importe total concedido, tramitarase conxuntamente coa do expediente de gasto.

3. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Consellería de Sanidade por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, logo da correspondente tramitación e, se é o caso, con audiencia da entidade interesada.

4. Cando a entidade beneficiaria da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non afecten esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que poidan ter dado lugar á modificación da resolución téndose omitido o trámite de autorización administrativa previa, o órgano concedente poderá aceptar a xustificación presentada, sempre que tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiras persoas.

Esta aceptación polo órgano concedente non exime a entidade beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle de conformidade coa citada Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. A administración poderá rectificar, de oficio, a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia de erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 18. Recursos

As resolucións que se diten ao abeiro desta orde porán fin á vía administrativa e contra elas poderá recorrerse potestativamente en reposición, ante a persoa titular da presidencia do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación, se o acto é expreso, e se non o é, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben ser impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da data de notificación, se o acto é expreso, ou seis meses se non o é, contado desde o día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que legalmente proceda.

Artigo 19. Xustificación e pagamento

1. En cada anualidade, os pagamentos correspondentes realizaranse de acordo co procedemento de aprobación do gasto e pagamento recollido no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e faranse efectivos do seguinte xeito:

a) Anticipos: realizarase un pagamento en concepto de anticipo para cada anualidade pola contía prevista no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. No ano 2023 o pagamento realizarase no momento da resolución da subvención, mentres que no ano 2024 se realizará no primeiro trimestre do exercicio.

b) Xustificacións parciais: poderanse realizar pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva, de carácter voluntario, segundo o artigo 62 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

En cada unha das anualidades o importe conxunto dos pagamentos á conta e anticipado non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada para esa anualidade, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio.

De acordo co artigo 65.4 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, os pagamentos á conta e anticipados quedan exonerados da constitución de garantía.

A data límite e improrrogable para presentación da documentación xustificativa dos pagamentos parciais na anualidade 2023 será o 5 de novembro de 2023, mentres que na anualidade 2024 será o 5 de novembro de 2024.

c) Xustificacións finais: haberá unha xustificación final para cada anualidade que terá carácter obrigatorio e realizarase logo do cumprimento da finalidade e demais condicións da subvención nos termos recollidos nos artigos 28, 29 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como nos artigos 41 e 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A porcentaxe da subvención anual que reste por pagar tras a realización dos pagamentos parciais, de ser o caso, non se fará efectiva ata que estea integramente xustificada a totalidade dos gastos correspondentes ás actividades do programa para a anualidade, é dicir o 100 % do importe orzado para cada ano na solicitude sen prexuízo das posibles modificacións efectuables segundo o artigo 17, incluíndo, se é o caso, o importe do/s pagamento/s á conta e o pagamento anticipado.

A xustificación final deberá presentarse con data límite e improrrogable do 1 de decembro de 2023 no caso da primeira anualidade e do 1 de decembro de 2024 no caso da segunda anualidade.

2. As xustificacións, tanto parciais coma finais, deberán incluír:

a) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, segundo o modelo do anexo V.

Esta relación deberá ir acompañada da documentación prevista no artigo 20 desta orde.

Cando o importe dalgún xustificante non se impute totalmente á finalidade do programa subvencionado con estas axudas, indicarase a contía exacta daquel que resulte afectado por el.

O anexo deberá ser asinado, en todo caso, polo representante legal da entidade.

b) Certificación expedida pola persoa que teña atribuídas as funcións de secretaría ou a persoa representante da entidade onde se faga constar que os gastos que se xustifican se ocasionaron no desenvolvemento das actividades obxecto desta subvención e que foron debidamente aboados segundo o anexo VI.

3. Ademais, no caso da xustificación final deberase presentar tamén:

a) Declaración das actividades realizadas e financiadas do programa obxecto da subvención, indicando o custo repercutido para a entidade.

b) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo programa, das distintas administracións públicas e non públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

4. Considéranse gastos subvencionables os recollidos no artigo 5.

A documentación xustificativa dos gastos presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica https://sede.xunta.gal, e dirixirase á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

Presentarase unha memoria dos programas realizados e financiados coa presente subvención ao longo do ano 2023, que deberá contar coas epígrafes que se indican no anexo VIII con anterioridade ao 15 de febreiro de 2024.

A memoria dos programas realizados e financiados coa presente subvención ao longo do ano 2024, que deberá contar coas epígrafes que se indican no anexo VIII, presentarase con anterioridade ao 15 de febreiro de 2025.

Artigo 20. Documentación complementaria dos xustificantes de gasto

Na conta xustificativa que a entidade beneficiaria presente debe figurar, ademais das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente que figuren na conta xustificativa, a seguinte documentación, segundo o tipo de gasto de que se trate:

a) Gastos correntes:

1º. Gastos de persoal: deberá achegarse, xunto coas nóminas correspondentes e os seus xustificantes bancarios de pagamento:

– TC1: recibo de liquidación de cotizacións de cada mes de que se imputen nóminas.

– TC2: relación nominal de traballadores de cada mes de que se imputen nóminas.

– Xustificante de pagamento mensual da Seguridade Social e modelo 111 trimestral xunto cos seus xustificantes de pagamento, sen prexuízo do indicado no artigo 5.1.b).

No caso das pagas extraordinarias, poderase imputar a parte proporcional dos meses e horas imputadas de esas nóminas ás actividades do programa.

2º. Gastos de viaxe: deberán ir acompañados de certificación do presidente en que se especifique quen realizou a viaxe e a necesidade do desprazamento dentro dos fins do proxecto, así como achegar todos os recibos e billetes do medio empregado.

3º. Gastos de alugamento: ademais da factura e o xustificante bancario de pagamento, deberá achegarse:

– Copia do contrato de alugamento.

– Modelos 180 e 115 de rendas procedentes do alugamento ou subalugamento de inmobles urbanos xunto co seu correspondente xustificante bancario de pagamento.

4º. Gastos de arrendamento de servizos:

– Copia do contrato, en que deberá reflectirse a categoría profesional, o período de prestación de servizos e as horas de intervención no programa.

– Certificado do representante legal da entidade aclarando as razóns excepcionais polas que o programa non se pode desenvolver mediante persoal propio.

– Factura que inclúa:

Nome, apelidos e NIF do traballador, data e período de liquidación.

Retención por IRPF.

IVE aplicado, se procede.

– Impresos 111 e 190 de ingresos por retencións de IRPF e xustificante bancario de pagamento que debe mostrar en que data se fixo o cargo na conta.

– Copia do modelo 036 de declaración censual de alta.

5º. Gastos derivados da realización de auditoría de contas:

– Contrato en que figuren os honorarios e horas estimadas.

– Factura e documento acreditativo de pagamentos.

6º. Nos gastos derivados da calidade dos programas:

– Se o proceso o efectúa persoal da propia entidade, os mesmos documentos exixidos para o persoal con contrato laboral. Imputaranse entón á partida de persoal.

– Se o proceso o efectúa unha empresa:

– Contrato en que figuren horas estimadas e honorarios.

– Facturas e documentos acreditativos de pagamento.

b) Nos casos de subcontratación doutras empresas:

– Declaración responsable da persoa representante legal da entidade subcontratada de non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria de subvencións segundo o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 21. Obrigas das entidades beneficiarias

As entidades beneficiarias das axudas terán as seguintes obrigas:

a) Cumprir o obxectivo, executar o programa e realizar as actividades que fundamentan a concesión da subvención.

b) Xustificar ante a Subdirección Xeral de Atención Primaria o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actividades e o cumprimento da finalidade determinante da concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente para comprobar o cumprimento do fin para o cal se destina esta subvención, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

e) As entidades beneficiarias e os terceiros relacionados co obxecto da subvención ou coa súa xustificación estarán obrigados a prestar colaboración e facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións, así como aos órganos que, de acordo coa normativa comunitaria, teñan atribuídas funcións de control financeiro.

f) Cumprir as directrices e instrucións de coordinación e programación dispostas polo Servizo Galego de Saúde a través da Subdirección Xeral de Atención Primaria.

g) Manter debidamente actualizados todos aqueles rexistros que sexan precisos para remitir á Subdirección Xeral de Atención Primaria, de acordo coa periodicidade que se lle sinale, a información relativa á actividade das persoas usuarias, facendo constar o número de admisións e intervencións realizadas, as actividades realizadas nos dispositivos da asociación, unha relación do número de solicitudes de admisión que lle acheguen e un informe onde conste se foron admitidas ou, se é o caso, rexeitadas, indicando a razón do seu rexeitamento.

h) Comunicar á Subdirección Xeral de Atención Primaria calquera modificación, suspensión ou vacante no cadro de persoal. Os gastos derivados destas variacións nos cadros de persoal soamente serán considerados subvencionables desde a data da comunicación efectiva, e non terán, en ningún caso, carácter retroactivo.

i) Manter actualizados os sistemas de información que estean en funcionamento nos dispositivos.

j) Coordinarse coas unidades asistenciais da rede do Plan de Galicia sobre drogas.

k) Coordinarse con outros centros, servizos e programas recollidos dentro do Plan de trastornos adictivos de Galicia, co fin de asegurar a súa programación homoxénea.

l) Participar naquelas actividades divulgativas e informativas que a Subdirección Xeral de Atención Primaria organice, coa finalidade de optimizar a coordinación entre os diferentes dispositivos.

m) Contar con protocolos específicos de actuación ante intoxicación por substancias e risco de suicidio.

n) Someter á consideración técnica da Subdirección Xeral de Atención Primaria calquera programa ou intervención que, non estando recollido dentro do documento que estableza os instrumentos de planificación en materia de incorporación social de trastornos adictivos, vaia poñer en marcha o equipo técnico responsable do desenvolvemento do programa.

Para tal fin, a dirección técnica deste equipo presentará unha descrición do programa que se vai desenvolver e fará constar, como mínimo, a denominación do programa, a xustificación da actuación, a metodoloxía para o seu desenvolvemento, así como unha previsión para o seu desenvolvemento programático: obxectivos xerais e específicos, poboación destinataria, difusión prevista, recursos humanos e materiais, mecanismos de coordinación, detalle de actividades, cronograma, orzamento e avaliación prevista.

ñ) Axustarse ás disposicións recollidas na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e ás instrucións que o Servizo Galego de Saúde poida facer nesta materia.

o) Engadir en todos os documentos e accións de difusión e información do programa subvencionado o logotipo da Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade) e do Servizo Galego de Saúde, en consonancia coa obriga de publicidade do carácter público do financiamento do programa. Segundo o establecido no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a entidade beneficiaria deberá dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento do programa subvencionado, nos termos regulamentariamente establecidos. En concreto, deberán manter no espazo dedicado á realización das actividades, de xeito visible, un cartel coa lenda «Proxecto cofinanciado» acompañado do logotipo da Xunta de Galicia e do Servizo Galego de Saúde.

p) Remitir, antes do día 5 de cada mes, a ocupación da vivenda, segundo anexo VII.

Non se deberá achegar informe de derivación, este será consultado de oficio.

Xunto coa ocupación deben achegar declaración responsable de non ter persoas ao seu cargo asinada polos pacientes que realizan achega económica, declaración responsable dos ingresos da persoa que realiza o pagamento da achega (xa sexa a propia persoa usuaria ou un familiar) e xustificación das transferencias bancarias efectuadas como pagamento das achegas.

q) Cubrir o cadro de indicadores de actividade que remitirá á Subdirección Xeral de Atención Primaria con periodicidade anual.

Artigo 22. Revogación e reintegro

1. No caso de producirse algunha das causas establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o establecido no artigo 74 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, procederase á revogación da subvención, así como ao reintegro, se é o caso, da subvención percibida e dos xuros de demora correspondentes.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 23. Infraccións e sancións

En canto ao réxime de infraccións e sancións, será de aplicación o establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no seu regulamento.

Artigo 24. Publicidade

1. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do programa e crédito orzamentario a que se imputen, da entidade beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, todo iso nos termos establecidos no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas.

Disposición derradeira primeira. Remisión normativa

Nos aspectos non contidos nesta orde aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro e, supletoriamente, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no seu regulamento, o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Disposición derradeira segunda. Habilitación

A persoa titular da Consellería de Sanidade e da presidencia do Servizo Galego de Saúde ditará as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro 2023

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

MEMORIA TÉCNICA DO PROGRAMA
SA462B- AXUDAS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, ÁS ENTIDADES PRIVADAS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INCORPORACIÓN SOCIAL EN VIVENDAS PARA PACIENTES ESTABILIZADOS/AS EN UNIDADES ASISTENCIAIS CON ESPECIALIZACIÓN EN DROGODEPENDENCIAS

Arquivo en formato PDF e asinado electronicamente coas seguintes características:

• Máximo de dez páxinas, en Arial 11, interliñado sinxelo e marxes de dous centímetros.

• Avaliado, supervisado e asinado electronicamente pola persoa coordinadora ou responsable deste, a cal terá titulación universitaria acorde coa natureza do programa.

Para poder ser avaliado deberán constar os seguintes puntos:

a) Denominación do programa.

b) Obxectivos xerais e específicos que se pretenden acadar.

c) Metodoloxía empregada. Descrición pormenorizada das fases do programa e criterios de alta.

d) Ámbito territorial da poboación a que vai dirixido, así como criterios de inclusión e exclusión no acceso á vivenda.

e) Número de persoas usuarias de cada vivenda e ocupación mensual e media da vivenda do ano anterior.

f) Actividades realizadas na vivenda. Especifíquense días e horas (cronograma de actividades previstas).

g) Actividades realizadas fóra da vivenda. Especifíquense días e horas (cronograma de actividades previstas).

h) Recursos humanos e materiais con que conta a entidade para levar a cabo o programa específico de atención directa no centro de atención social de apoio a procesos terapéuticos. No caso dos recursos humanos indicarase o nome, a titulación, a categoría profesional e o horario dedicado ao programa.

i) Inclusión de alternativas ocupacionais e/ou formativas específicas destinadas a persoas con adiccións emerxentes.

j) Indicadores de proceso e resultado empregados.

k) Porcentaxe de usuarios que acadaron os obxectivos no ano previo.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

MEMORIA FINAL
SA462B- AXUDAS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, ÁS ENTIDADES PRIVADAS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INCORPORACIÓN SOCIAL EN VIVENDAS PARA PACIENTES ESTABILIZADOS/AS EN UNIDADES ASISTENCIAIS CON ESPECIALIZACIÓN EN DROGODEPENDENCIAS
(Remítase antes do 15 de xaneiro do seguinte ano ao xustificado)

Arquivo PDF asinado electronicamente coas seguintes epígrafes:

Características básicas do dispositivo:

• Data de inicio do funcionamento do centro.

• Localización do centro e número de despachos.

• Concellos de referencia.

• Habitantes de referencia segundo os datos do INE no mes de xaneiro do ano en curso.

• Organigrama.

• Horario de funcionamento do centro.

Cadro de persoal:

Especificar cada unha das persoas que traballen ou presten servizos coa asociación:

NIF

Nome e apelidos

Horas

asistenciais

Horas

de xestión

Posto

Titulación

académica

Salario mensual sen complementos

Trienios

Retribucións complementarias

Tipo de contrato

Actividades realizadas:

• Persoas usuarias distintas atendidas no ano natural, especificando o número de homes e mulleres.

• Número de reunións de coordinación coas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias.

• Descrición das actividades: data, denominación, descrición, poboación albo, número de asistentes e persoas beneficiarias desagregadas por sexo en cada unha delas.

• Resultado dos indicadores do programa, indicando, como mínimo:

ANEXO VIII

(continuación)

Indicador

Resultado

Número de persoas admitidas no programa

Número de persoas admitidas en cada unha das actividades

Número de actividades realizadas dentro/fóra da vivenda

Número de reingresos

Número de abandonos/altas voluntarias

Número de altas por alcance de obxectivos

Tempo de permanencia do usuario no programa

Balance de ingresos e gastos:

Ingresos:

• Informe que inclúa a contía de todas as axudas económicas recibidas e a súa orixe e data de percepción (subvencións, doazóns e legados).

• Débedas con entidades de crédito.

• Ingresos e superávit, se é o caso, de exercicios anteriores.

• Ingresos por cotas de socios.

• Outros ingresos: ingresos financeiros, por actividades de recadación.

Gastos:

• Gastos de persoal: retribucións básicas e complementarias, cotas á Seguridade Social, gastos de formación ao persoal, gastos de viaxes.

• Gastos de mantemento: arrendamento/alugamento, reparación e conservación, contratación de servizos, transportes, primas de seguros, subministracións, material de oficina, limpeza, traballos realizados por outras empresas.

• Tributos.

• Gastos e perdas de exercicios anteriores.

Especificar outros gastos: financeiros, amortización de débedas.

• Calquera outro gasto que sexa xerado polo desenvolvemento do programa.

Desviacións respecto ao programa inicial presentado.

Reclamacións presentadas polas persoas usuarias:

Xuntar copia de todas as reclamacións achegadas polas persoas usuarias no libro de reclamacións e as respostas ás ditas reclamacións.