Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13380

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección de tres prazas de persoal temporal.

A Dirección Xerencia de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección do seguinte persoal: un técnico superior para o proxecto Flores; un técnico superior para o proxecto Circazul e un técnico superior para o proxecto Platicas.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 6 de febreiro de 2023

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar