Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13532

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da aplicación 11.04.322C.770.0 prevista na Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 30 de decembro de 2021).

Primeiro. A Orde do Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, prevé o seu financiamento a través das seguintes aplicacións:

a) Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.6 código de proxecto 2022 00086, cun crédito de 500.000 euros.

b) Aplicación orzamentaria 11.04.322C.770.0, código de proxecto 2022 00086, cun crédito de 7.500.000 euros.

Segundo. O artigo 5.2 da Orde do 29 de decembro de 2021 establece que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da entón Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Terceiro. A Orde do 29 de decembro de 2021 establece no seu artigo 5.3 que a distribución provincial de créditos será directamente proporcional ao número de autónomos dados de alta en cada provincia en 31 de decembro de 2020, de acordo a seguinte porcentaxe: A Coruña, 40 %; Lugo, 15 %; Ourense, 11 % e Pontevedra, 34 %.

Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 13.7 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entres dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 11.04.322C.770.0 código de proxecto 2022 00086, ao abeiro da Orde do 29 de decembro 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, e da repartición provincial da contía con base no número de autónomos dados de alta en 31 de decembro de 2020:

Provincia da Coruña: correspóndelle unha contía de 3.000.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341Q-2022-2013-01, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 7 do artigo 13 da convocatoria o día 14 de xaneiro de 2022 ás 15.27 horas.

Provincia de Lugo: correspóndelle unha contía de 1.125.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi o expediente TR341Q-2022-585-2, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 7 do artigo 13 da convocatoria o día 14 de xaneiro de 2022 ás 00.53 horas.

Provincia de Ourense: correspóndelle unha contía de 825.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341Q-2022-486-3, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 7 do artigo 13 da convocatoria o día 14 de xaneiro de 2022 ás 9.34 horas.

Provincia de Pontevedra: correspóndelle unha contía de 2.550.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341Q-2022-1926-05, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 7 do artigo 13 da convocatoria o día 18 de xaneiro de 2022 ás 14.50 horas.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social