Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13833

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia, publicado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 11 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 240, do 18 de decembro), regula na súa base 2.1 a elaboración de listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais, indicando que se actualizarán con carácter periódico.

Na base 4 do referido pacto indícase que na selección temporal do persoal estatutario licenciado sanitario do nivel de atención hospitalaria se aplicarán con carácter xeral as normas establecidas no vixente pacto sobre a selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño de 2016), indicando como data de referencia para a elaboración das sucesivas listas o 30 de xuño de cada ano.

En cumprimento do acordado, logo de finalizado o prazo indicado na base 4.a) do pacto de selección temporal de persoal estatutario licenciado sanitario de atención hospitalaria e de conformidade co previsto na norma I.5.1 e a base novena da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 23 de setembro), pola que se regulan as bases do procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 11 de decembro de 2018 nas diversas categorías/especialidades de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia.

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos