Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación das bases xerais e específicas das convocatorias das prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022, para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 243, do 26.12.2022, publicáronse as bases xerais e específicas das convocatorias das prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022, polo proceso extraordinario de estabilización do emprego temporal, ao abeiro do artigo 2.1 e 2.4 e da disposición adicional 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 5, do 9.1.2023, publicouse a súa corrección de erros.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a estas convocatorias publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Bergondo, 9 de xaneiro de 2023

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa