Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2023 Páx. 13939

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR440D).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 29 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2022, e que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Finalidade: axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.

Financiamento: procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias e axudas concedidas:

Nome

NIF

Subvención (€)

Joaquín Rebolledo, S.A.

A32102576

4.071,48

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

A36033009

258.122,63

Agro de Bazán, S.A.

A36034668

88.585,64

Bodegas Terras Gauda, S.A.

A36108900

259.842,72

Bodegas As Laxas, S.A.

A36109775

44.853,05

Bodegas Fillaboa, S.A.

A36692846

3.328,10

Conejos de Ángora Gallegos, S.L.

B15139843

6.781,48

Adegas Terrae, S.L.

B27847953

27.520,66

Los Vinos de Miguel, S.L.

B32442964

19.542,67

Pazo de Señoráns, S.L.U.

B36117513

26.319,06

Quinta Couselo, S.L.

B36157394

15.097,24

Adegas Valmiñor, S.L.

B36277218

33.206,94

Lagar de Besada, S.L.

B36306173

4.871,40

Attis Bodegas y Viñedos, S.L.

B36549350

51.188,80

Gargalo, S.L.

B81004053

3.277,37

Viñas e Adegas Galegas, S.L.U.

B94055068

39.731,60

Viña Costeira, S.C.G.

F32002230

11.089,53

Bodegas Eidosela, S.C.G.

F36430106

19.090,00

C.R.D.O. Rías Baixas

Q8655030H

330.272,53