Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2023 Páx. 13973

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 212, do 7 de novembro).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito se poida exercer, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro), e unha vez acreditado do cumprimento dos requisitos exixidos por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

A este respecto, e de acordo co artigo 54.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, acórdase alterar a orde de prelación para a elección das prazas no número de postos necesarios para que o destino obtido sexa para a persoa aspirante e o ámbito territorial da cidade seguinte: Mónica Saavedra González (Ferrol).

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non reciba correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico, a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, á cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado; seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para ser declarados en excedencia, ou non presenten a súa solicitude de maneira prevista nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos en función do subgrupo ao que se accede e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal.

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

1

***5646**

Blanco Vázquez, Olga Patricia

2

***4979**

Presedo Romalde, Aurora Esperanza

3

***6773**

González Novoa, Aurea

4

***2682**

González González, José Ramón

5

***2250**

Sotelo Goyanes, María Carmen

6

***5072**

Díaz Martínez, María José

7

***4183**

Dios García, Víctor Manuel

8

***4680**

Carrera Diz, María Carmen Fátima

9

***5920**

Saavedra González, Mónica

10

***2123**

Muñoz González, María del Pilar

11

***4830**

Pena Naveiro, María José

12

***0808**

Guerrero Caro, Sandra Milena

13

***3618**

Mayán Taboada, José María

14

***7594**

Miranda Gelpi, Teresa de Jesús

15

***5589**

Rodríguez García, María Jesús

16

***7913**

García Camino, María José

17

***2480**

Gil Pérez, José Javier

18

***4381**

Rodríguez López, María Mar

19

***1765**

Filgueiras Martínez, Paula

20

***3179**

Durán Pérez, Eugenia

21

***9903**

Mañana Rendal, Paula María

22

***4737**

Pereira Álvarez, Begoña

23

***5958**

Jimenez-Beatty Navarro, María Dolores

24

***2028**

Martínez Lado, Luciana

25

***1735**

Gómez Rodríguez, José Carlos

26

***8135**

López Vidal, Cesáreo Manuel

27

***6541**

Fernández de Armas, Lisset

28

***0340**

Peleteiro Estévez, Ana María

29

***4694**

Monteagudo González, María Dolores

30

***7496**

Martínez González, Ángel

31

***0787**

Castro Rivas, María del Mar

32

***2521**

Fernández Llorente, María Elena

33

***7677**

Martínez Martínez, Jana

34

***8908**

Iglesias Pérez, Miguel

35

***9389**

Fernández Martínez, Alberto

36

***3319**

Barreira Bascoy, Manuel

37

***6602**

Barbeito Soriano, Josefa

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Observ.

1

PSC050000015770152

Médico/a

PS

D. X. de Maiores e Persoas con Discapacidade

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

A1

22

 

2

PSC991000015001514

Médico/a

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

22

 

3

PSC991000032001471

Médico/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

 

4

PSC994080036560550

Médico/a

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

A1

24

 

5

PSC991000036560403

Médico/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

 

6

PSC991000036560404

Médico/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

 

7

PSC993010115350014

Médico/a

PS

Oficina de Valoración de Dependencia e Discapacidades (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

A1

22

 

8

PSC991000027001492

Médico/a

PS

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

22

 

9

PSC994080132001004

Médico/a

PS

Residencia de Maiores Nª Sª Milagres (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1

24

Horario especial

10

PSC994080127085002

Médico/a

PS

Residencia de Maiores (Burela)

Servizos periféricos

Burela

A1

24

 

11

PSC994080115001004

Médico/a

PS

Residencia de Maiores Torrente Ballester (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

24

 

12

PSC994080227001007

Médico/a

PS

Residencia de Maiores As Gándaras (Lugo)

Servizos periféricos

Lugo

A1

24

 

13

PSC991000015001515

Médico/a

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

22

 

14

PSC994080036560017

Médico/a

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

A1

24

 

15

EDC991000027001058

Inspector/a médico/a

ED

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

26

 

16

PSC991000015001513

Médico/a

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

22

 

17

PSC994080036560018

Médico/a

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

A1

24

 

18

PSC991000036560401

Médico/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

 

19

PSC994080115570007

Médico/a

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos periféricos

Oleiros

A1

24

 

20

PSC994080115570008

Médico/a

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos periféricos

Oleiros

A1

24

 

21

EDC994090127300001

Médico/a

ED

CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos)

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

A1

22

 

22

PSC994080036560021

Médico/a

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

A1

24

 

23

PSC993010136001006

Médico/a

PS

Oficina de Valoración de Dependencia e Discapacidades (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

22

 

24

PSC994050115001305

Médico/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

24

 

25

PSC991000036560402

Médico/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

 

26

EDC994080132001013

Médico/a

ED

Centro Residencial Docente (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1

24

 

27

EDC994080115300015

Médico/a

ED

Centro Residencial Docente (Culleredo)

Servizos periféricos

Culleredo

A1

24

 

28

PRC020000515770105

Médico/a

PR

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

24

 

29

PRC020000515770106

Médico/a

PR

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

24

 

30

EDC994090132001004

Médico/a

ED

CEE Miño (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

 

31

PSC991000027001490

Médico/a

PS

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

22

 

32

PSC993010136001007

Médico/a

PS

Oficina de Valoración de Dependencia e Discapacidades (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

22

 

33

PSC994080215770005

Médico/a

PS

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela)

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

A1

24

Horario especial

34

PSC991000032001473

Médico/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

 

35

PSC994090127560013

Médico/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Sarria)

Servizos periféricos

Sarria

A1

24

 

36

PSC993010315770004

Médico/a

PS

Oficina de Valoración de Dependencia e Discapacidades (Santiago de Compostela)

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

A1

22

 

37

SAC030000315770052

Médico/a

SA

S. X. de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables

Dirección Xeral de Saúde Pública

Santiago de Compostela

A1

22