Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2023 Páx. 13985

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza vacante da categoría profesional de técnico/a de investigación, área de bioloxía-saúde (animalarios).

Mediante a Resolución do 4 de outubro de 2022 (DOG do 18 de outubro e BOE do 17 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de investigación, área de bioloxía-saúde (animalarios), grupo III, pola quenda de acceso libre.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou a omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, e xustifiquen o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela