Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 11/2023 que se segue no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo requiriulle ao Concello de Vigo os expedientes administrativos relativos ao recurso contencioso-administrativo 11/2023, interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CC.OO.) de Galicia (Federación de Servizos á Cidadanía), contra a Resolución da concelleira-delegada da Área de Seguridade, Contratación e Xestión Municipal, do 25 de novembro de 2022, desestimatoria do recurso do 17 de novembro de 2022, interposto contra a convocatoria ordinaria da sesión da Mesa Xeral de Negociación prevista para o 21 de novembro de 2022, contra a convocatoria da Mesa Xeral de Negociación do 25 de novembro de 2022, e contra o propio acto de realización da Mesa de Negociación acontecido o día 5 de decembro de 2022.

En consecuencia, este concello, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, remitiu os correspondentes expedientes administrativos ao dito xulgado e, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publica este anuncio para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto de Alcaldía do 16.4.2021;
Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.4.2021;
Resolución da Alcaldía do 6.9.2022;
Acordo da Xunta de Goberno Local do 8.9.2022)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Seguridade, Contratación e Xestión Municipal