Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto Regulamentación LMTA BCR807 apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes), segundo se sinala no cadro anexo.
Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).
O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lmat-cervantes
Lugo, 3 de febreiro de 2023
O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/70-2.
Denominación: Regulamentación LMTA BCR807 apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes).
Concello: Cervantes.
Declaración de utilidade pública
|
Referencia catastral |
Propietario |
Apoio |
|||||
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Nº |
m2 |
|
1 |
61 |
5 |
Sobrecor |
Monte baixo |
MVMC do Pando, Albares e Serrado |
268-A-10 268-A-11 268-A-12 268-A-14 |
8.0 |


