Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2023 Páx. 14513

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 244, do 27 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de inspector da Policía local por promoción interna, pertencente ao cadro de persoal funcionario de carreira, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, grupo A, subgrupo A2, código RPT 07.01.00.03, a través do proceso selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2019.

Así mesmo, no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 245, do 28 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de sepultureiro/a, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo V, código RPT 04.02.04.02, a través do proceso selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases das convocatorias.

Ribeira, 26 de xaneiro de 2023

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde