Mediante a Resolución do 21 de outubro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 210, do 4 de novembro), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril).
Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta Dirección Xeral,
RESOLVE:
Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos.
Na listaxe de persoas aspirantes admitidas non figura ningunha persoa aspirante polo que se declara deserto o proceso selectivo.
A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.
Para iso será necesaria a presentación dun escrito en que soliciten a devolución e no que fagan constar o número de conta (24 díxitos), a entidade financeira e a súa localidade, ou ben presenten un certificado expedido pola entidade financeira no que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública. A presentación deste escrito sen os datos indicados ou fóra de prazo supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2023
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso xeral.
Apelidos e nome |
DNI |
Motivo da exclusión |
Balado Pumariño, Gema |
***3557** |
57 |
Cód. |
Causa da exclusión |
57 |
Non pertencer ao corpo/escala do grupo correspondente |