A titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe María Inmaculada, de Verín, solicita a ampliación de unha unidade de educación especial.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización e ampliar 1 unidade de educación especial, no centro que se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.
Denominación específica: María Inmaculada.
Código do centro: 32013557.
Enderezo: avda. Portugal, 59.
Localidade: Verín (Santa María a Maior).
Concello: Verín.
Código postal: 32600.
Provincia: Ourense.
Titular: Religiosas del Amor de Dios.
Composición resultante:
Educación infantil (2º ciclo): 6 unidades.
Educación primaria: 12 unidades.
Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.
Educación especial: 2 unidades.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades