Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 15054

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo de oito prazas de persoal administrativo, polo sistema de promoción interna.

No BOP núm. 238, do 19.12.2022, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, polo procedemento de promoción interna, de oito prazas de persoal administrativo.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello, ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte (20) días naturais, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 11 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María Teresa Deus Trasobares
Concelleira delegada da Área de Facenda e Patrimonio,
Recursos Humanos, Emprego, Promoción Económica, Turismo,
Estatística e Edusi