Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15258

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro

ANUNCIO de corrección de erro no proceso selectivo de prazas de persoal laboral.

Advertido erro no anuncio da convocatoria de proceso de selección para cubrir prazas de persoal laboral, publicado no Diario Oficial de Galicia número 31, do 14 de febreiro de 2023, procédese á súa rectificación:

Onde di: «O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Beade, 16 de febreiro de 2023

Francisco José Fernández Pérez
Presidente