Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15256

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de convocatoria de varias prazas de auxiliar de axuda no fogar.

No Boletín Oficial da provincia núm. 246, do 29 de decembro de 2022 (rectificación no BOP núm. 4, do 5 de xaneiro do 2023), publicáronse as bases completas para cubrir as seguintes prazas:

– Nove (9) prazas de auxiliar de axuda no fogar, como persoal laboral fixo con xornada parcial (80 % da xornada).

– Unha praza de auxiliar de axuda no fogar, como persoal laboral fixo con xornada parcial (64 % da xornada).

– Dúas (2) prazas de auxiliar de axuda no fogar, como persoal laboral fixo con xornada parcial (66,66 % da xornada).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

San Sadurniño, 1 de febreiro do 2023

Secundino García Casal
Alcalde