De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.
Os interesados disporán dun prazo de quince días para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes perante o instrutor do procedemento, e lémbraselles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas, de acordo co artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 10 de febreiro de 2023
Ana Teresa Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Expediente: RITGA-E-2022-004302.
Denunciado: Vicente Novo Cambón.
Establecemento: El Paso.
Enderezo: avenida A Penela, 4.
Localidade: Ortigueira.
Precepto infrinxido: artigo 109.2, letras a), b) e c) da Lei 7/2011.
Proposta de Resolución: 16 de xaneiro de 2023.
Sanción: multa de catrocentos euros (400 €).
Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: trescentos vinte euros (320 €).
Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: douscentos corenta euros (240 €).