De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Ourense, con enderezo na avenida de Zamora, 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 10 de febreiro de 2023
Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense
ANEXO
Expediente: 32S001/165/2022.
Interesada: Siniestro Motor, C.B.
CIF/NIF: E3752032.
Acto notificado: proposta da resolución de procedemento sancionador en materia de defensa do consumidor 32S001/165/2022.