Mediante a Resolución da Alcaldía do 28 de decembro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección de persoal, mediante concurso, que debe rexer o proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Castro Caldelas, cuxa oferta de emprego público se aprobou mediante o Decreto do 9 de maio de 2022 (BOP núm. 108, do 12 de maio e anuncio publicado no DOG núm. 95, do 18 de maio).
Contra o decreto que aproba as presentes bases, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor, alternativamente, recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ante a Alcaldía deste Concello de Castro Caldelas, de conformidade cos artígos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 9/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto sin prexuízo de que poida exercer cualquera outro recurso que considere pertinente.
Castro Caldelas, 31 de xaneiro de 2023
Sara Inés Vega Núñez
Alcaldesa