Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de varias parcelas pola instalación eléctrica de reforma LMT TUI803 na Gándara e Vilachán prevista no concello de Tomiño (expediente IN407 2022/441-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de reforma LMT TUI803 na Gándara e Vilachán (expediente IN407 2022/441-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/441-4.

Denominación: reforma LMT TUI803 na Gándara e Vilachán.

Concello: Tomiño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Nº apoio

Apoio

(m2)

Afeccións

ml aér.

m2 aér.

3

Rocha

Rústico

36054A062000250000EE

Descoñecido/a

11,73

39,71

9

Rocha

Rústico

36054A062000310000EU

Descoñecido/a

17,80

37,67

10

Carregal

Urbana

36054A062000320000EH

Descoñecido/a

12,05

64,71

19

Pego

Urbana

36054A062000380000EQ

Descoñecido/a

5,85

61,38

20

Pego

Urbana

36054A062000370000EG

Descoñecido/a

5,86

33,50

22

Pego

Urbana

36054A066011340000EA

Descoñecido/a

4

1,69

23

Carregal

Urbana

36054A062002810000EI

Descoñecido/a

5

1,21

28

Palomas

Urbana

36054A066009940000EW

Descoñecido/a

9

1,69

4,40