Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación parque eólico Corme), no concello de Ponteceso (expediente IN661A 2018/1-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 10 de febreiro de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2018/1-1.
Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.
Denominación da instalación: Parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación parque eólico Corme).
Concello: Ponteceso.
Predio |
Titularidade proposta |
Depósito |
Importe |
298 |
Descoñecida |
1372/2022 |
66,01 € |