Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15733

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de modificación do acordo de aprobación da oferta de emprego público correspondente ao ano 2022.

O 3 de febreiro de 2023, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vilanova de Arousa acordou modificar por terceira vez o seu Acordo do 23 de xuño de 2022, no cal se aprobou a oferta de emprego público do concello correspondente ao ano 2022, logo de rectificar o anexo do devandito acordo tras incluír dous postos de traballo da categoría de policía, pertencentes á escala básica do corpo da Policía local.

Vilanova de Arousa, 3 de febreiro de 2023

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde