Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15679

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2023 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso de méritos do persoal funcionario de administración e servizos.

Considerando o establecido na Resolución do 30 de setembro de 2022 (DOG do 13 de outubro) mediante a que se convocou un concurso de méritos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

resolve

Primeiro. Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos no concurso, ordenando a súa publicación no taboleiro de anuncios electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/convocatorias-pas

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas concursantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), para emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a.

Terceiro. Publicar a composición da Comisión de Valoración que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Comisión titular:

Presidencia: Gerardo Marraud González, director da Biblioteca Universitaria da Universidade de Vigo.

Vogais: María Fariza Novoa, administradora de Centros da Universidade de Vigo.

José González Groba, administrador de Centros da Universidade de Vigo.

María Cristina Rodríguez Cendón, xefa do Servizo de Xestión de Estudos de Grao da Universidade de Vigo.

Secretaría: Ángel Nieto Rodríguez, vicexerente de Recursos Humanos da Universidade de Vigo.

Comisión suplente:

Presidencia: Manuel Castro Oliva, xefe do Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento da Universidade de Vigo.

Vogais: Carmen Álvarez González, técnica superior do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo.

Margarita Cabaleiro Soto, xefa do Servizo de Control Interno da Universidade de Vigo.

Alfonso Caride Losada, técnico superior de Actividades Culturais da Universidade de Vigo.

Secretaría: María de los Ángeles Hermida Paredes, vicesecretaria xeral técnica da Universidade de Vigo.

Vigo, 20 de febreiro de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo