Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15744

I. Disposicións xerais

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.

Advertido un erro no Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, publicado no Diario Oficial de Galicia número 9, do 13 de xaneiro de 2023, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 3961, no artigo 22.2.b):

Onde di: «b) Servizo de Control da Cadea Alimentaria, que desenvolverá as actuacións en materia de defensa contra fraudes na calidade alimentaria, así como as relativas á coordinación dos traballos de persoal que realiza funcións de inspección nesta materia.», debe dicir: «b) Servizo de Control da Calidade Alimentaria, que desenvolverá as actuacións en materia de defensa contra fraudes na calidade alimentaria, así como as relativas á coordinación dos traballos de persoal que realiza funcións de inspección nesta materia».