Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15873

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 99, do 24 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), e modificado pola Resolución do 6 de xuño de 2022 (DOG núm. 111, do 10 de xuño),

ACORDOU

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, o terceiro exercicio consistiu na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias que figuran na parte específica do programa, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.

Segundo os termos recollidos nas bases, este exercicio cualifícase de 0 a 40 puntos e para superalo é necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos.

A cualificación do exercicio realizouse de acordo coas bases da convocatoria e do Acordo do 4 de xaneiro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) pola que se fixan criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio do proceso selectivo que terá lugar o 18 de xaneiro de 2023.

Realizada a corrección do terceiro exercicio, e consonte os criterios anteriores, superaron o terceiro exercicio un total de dezanove (19) aspirantes.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas por todas as persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2023

Javier Páez González
Presidente do tribunal