Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de dúas subalternas e un oficial electricista funcionarios/as de carreira.

A Concellaría delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante a Resolución do 3 de xaneiro de 2023 nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Teresa María Fernández López, con DNI ***8931**, para ocupar unha praza de subalterna da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre, da ampliación da OEP do ano 2021.

– María Victoria Álvarez Taboada, con DNI***8508**, para ocupar unha praza de subalterna da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre, da ampliación da OEP do ano 2021.

– Ramiro Aller Porto, con DNI ***8875**, para ocupar unha praza de oficial electricista da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre, da ampliación da OEP do ano 2021.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura