Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2023 Páx. 15999

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2023 polo que se aproban as listas provisionais de admitidos e excluídos á convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na praza de persoal laboral fixo referenciada no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 29 de decembro de 2022 publicouse o Anuncio do 28 de decembro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, dun técnico superior, licenciado en ciencias económicas (categoría 004 do grupo I), con destino na Xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Consonte a indicación do anuncio, as bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria publícanse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidade-alimentaria/documentacion

O prazo de presentación das solicitudes, de vinte (20) días hábiles, iniciouse o 16.1.2023, ás 00.00.00 horas, e rematou o 10.2.2023 ás 23.59.59. Transcorrido este prazo, de acordo coa prescrición do artigo 7 das bases, cómpre publicar o listado provisional de admitidos e excluídos, así como a lista de aspirantes pendentes de acreditar a posesión do título Celga 4.

Por todo o exposto, o presidente da Axencia, no exercicio das competencias previstas no artigo 13 do Decreto 52/2018, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobación das listas provisionais

Aprobar e publicar as listas provisionais de aspirantes admitidos (anexo 1) e excluídos (anexo 2) para cubrir, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, as prazas de persoal laboral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria identificada no Decreto 79/2022, do 25 de maio.

(1) Técnico superior (licenciado en Ciencias Económicas).

Xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Santiago de Compostela).

Grupo I.

Segundo. Acreditación Celga 4

Anunciar que todos os aspirantes presentados acreditan estar en posesión do título Celga 4 ou equivalente.

Terceiro. Período de alegacións

Abrir un período de alegacións de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas aspirantes excluídas poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Cuarto. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Impugnación

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o presidente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria