III. Outras disposicións
Consellería de Facenda e Administración Pública
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.
Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro de 2022, é necesario realizar as seguintes correccións:
Na páxina 61793 no artigo 17.a), onde di: «– Impartida: para os/as empregados/as públicos/as que impartisen os cursos anteditos: 10 horas», debe dicir: «– Impartida: para os/as empregados/as públicos/as que impartisen os cursos anteditos: 20 horas».