Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2023 Páx. 16163

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de persoal de 2 prazas no marco do Programa de ciencias mariñas (ThinkInAzul) dos plans complementarios de I+D+I financiados polo Mecanismo de recuperación e resiliencia, NextGenerationEU e, en Galicia, co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Acuicultura.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 24 de febreiro de 2023

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Cetmar